Category Archive Uncategorized

Pilar López-Guerrero Vázquez, nova Presidenta do Consello da Avogacía Galega

O Pleno do Consello da Avogacía Galega, reunido na data de 28 de xullo coa participación dos Decanos e Decanas dos sete Colexios da Avogacía de Galicia, elixiu como nova Presidenta do Consello a Pilar López-Guerrero Vázquez, Decana do Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense, sucedendo no cargo a Ramón Jáudenes López de Castro.

Read More

12 de Xullo do 2019: Día da Xustiza Gratuíta e da Quenda de Oficio

O 12 de xullo é a data sinalada cada ano para a celebración do Día da Xustiza Gratuíta e da Quenda de Oficio, para defender e divulgar o labor realizado por todos e todas a avogadas de oficio, 24 horas ao día, 365 días ao ano, a través dos Servizos de Asistencia Xurídica Gratuíta e da Quenda de Oficio.

Read More

Curso de Compliance Penal

MATRÍCULA PECHADA

A responsabilidade penal das persoas xurídicas non excluirá a das persoas físicas, nin a destas excluirá a responsabilidade penal daquelas. Non cabe a alegación da separación de patrimonios da persoa xurídica por razón de ter personalidade xurídica, cando tal separación é, na realidade, unha ficción que pretende obter un fin fraudulento, como incumprir un contrato, eludir a responsabilidade contractual ou extracontractual, aparentar insolvencia, etc.

Read More

Curso de Marketing orientado á Avogacía

ABERTO PRAZO DE MATRÍCULA ATÉ O 8 DE NOVEMBRO

Ser un despacho competente é necesario, pero non é suficiente para ter éxito.

Aínda que se conte co mellor equipo ou se preste o mellor servizo: resulta vital, ademais, coñecer e aplicar técnicas de mercadotecnia que nos axuden a facer visible o noso despacho e consolidar a nosa imaxe de marca.

Read More

Comunicación sobre a vixencia dos protocolos sobre actuacións e organización nos órganos xudiciais, e sobre a celebración de actuacións telemáticas, no ámbito do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Achegamos comunicación remitida polo TSXG o 31 de maio respecto á COVID-19 no ámbito da Administración da Xustiza.

Esta comunicación fai alusión aos protocolos aprobados en sesión do 9 de outubro do 2020, sobre os que tamén se informou no seu momento.


Ler comunicación do TSXG

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies