Achegamos os protocolos de actuación e organización, e o de actuacións telemáticas, aprobados pola Sala de Goberno do pasado día 30 de setembro e remitidos polo Presidente do TSXG.
A presidenta do Consejo General de la Abogacía Española, Victoria Ortega, anunciou na mañá de hoxe, 13 de decembro, ao Pleno da institución a convocatoria anticipada de eleccións á Presidencia do propio Consejo.
Ferrol 29 de novembro de 2019. Hoxe ás 19 horas no Museo de Construción Naval de Ferrol (Salón Carlos III), Nieves Santomé Couto, Expresidenta do Consello da Avogacía Galega e Exdecana do Colexio de Avogados de Ferrol recibirá a Gran Cruz ao Mérito no Servizo da Avogacía, a máxima distinción que a avogacía española emprega para recoñecer a labor e o servizo desenvolto por unha avogada/o na súa carreira profesional.
O 9 de outubro, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou ambos os dous convenios de colaboración co presidente do Consello da Avogacía Galega, Ramón Jáudenes, e co presidente do Consello Galego de Procuradores dos Tribunais, Fernando González-Concheiro.
O 27 de xuño, o Colexio de de Avogados de Ourense acordou por unanimidade dos e das asistentes á votación o cambio da súa denominación: «Colexio da Avogacía de Ourense».