Skip to main content

Conferencias en liña sobre a Lei 12/2023, de 24 de maio, polo dereito á vivenda

O Consello da Avogacía Galega asinou un convenio de colaboración co IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo), organismo autónomo adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para crear as canles de información necesarias para evitar que persoas en situación de desamparo perdan a súa vivenda habitual ou, no seu caso, poidan acollerse aos programas existentes en materia de acceso á vivenda, así como para posibilitar que as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas que sexan ocupadas ilegalmente saiban como actuar ante esta situación.

Froito dese Convenio xurden estas conferencias sobre a Lei polo dereito á vivenda, gratuítas e abertas a todos e todas as profesionais da avogacía galega, para mellorar a súa formación en materia de vivenda.


Información de interese

Conferencias en liña sobre a Lei 12/2023, de 24 de maio, polo dereito á vivenda

  • Imparte: Juan José Yáñez Martínez, avogado e Secretario Xeral de APROINCO (Asociación Provincial de Promotores Inmobiliarios da Coruña).
  • 1ª Conferencia:
    • «Lei polo dereito á vivenda: Introdución e problemas principais que xera»
    • Data: 14 de decembro.
    • Horario: de 16.00 a 17.00 h.
  • 2ª Conferencia:
    • «Lei polo dereito á vivenda: Especial incidencia na lexislación arrendaticia»
    • Data: 21 de decembro.
    • Horario: de 16.00 a 17.00 h.
  • Prezo: gratuíto.
  • Dirixido a: avogadas/os interesados na Lei 12/2023, de 24 de maio, polo dereito á vivenda.

Inscrición

Aquelas e aqueles interesados en inscribirse no programa de clases en liña deberán premer AQUÍ e cubrir o formulario.

O rexistro a través do formulario dará dereito ao acceso a ambas as dúas conferencias en liña do programa. Non será preciso repetir a inscrición para cada xornada.

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies