Conferencias en liña en materia de vivenda

Conferencias en liña en materia de vivenda

O Consello da Avogacía Galega asinou un convenio de colaboración co Instituto Galego de Vivenda e Solo para prestar un servizo de asesoramento, intermediación e orientación xurídica en materia de vivenda.

Froito dese Convenio xurden estas conferencias sobre a Lei polo dereito á vivenda, gratuítas e abertas a todos e todas as profesionais da avogacía galega, para mellorar a súa formación en materia de vivenda.

Esta formación, de carácter gratuíto, está dirixida ás avogadas e aos avogados pertencentes aos colexios da avogacía de Galicia e alumnado do Mestrado de Acceso á Avogacía interesados na materia de vivenda.


Información de interese

  • 1ª Conferencia:
    • «Preguntas e respostas ante a okupación ilegal de inmobles. Solucións ante o impagamento de rendas e a inquiokupación. A súa regulación na nova Lei de medidas de eficiencia procesual»
    • Vicente Magro Servet, maxistrado do Tribunal Supremo.
    • Data: 19 de decembro.
    • Horario: de 17.00 a 19.00 h.
  • 2ª Conferencia:
    • «A Lei polo dereito á vivenda (Lei 12/2023) tras máis de ano e medio de aprobación: efectos»
    • Juan José Yáñez Martínez, avogado e Secretario Xeral de APROINCO (Asociación Provincial de Promotores Inmobiliarios da Coruña).
    • Data: 26 de decembro.
    • Horario: de 16.00 a 17.00 h.

Inscrición

Aquelas e aqueles interesados en inscribirse no programa de clases en liña deberán premer AQUÍ e cubrir o formulario.

O rexistro a través do formulario dará dereito ao acceso a ambas as dúas conferencias en liña do programa. Non será preciso repetir a inscrición para cada xornada.

Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies