Skip to main content

Programa de clases en liña en materia de violencia de xénero 2023

O Consello da Avogacía Galega asinou un convenio de colaboración coa Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o desenvolvemento de accións de formación especializada a profesionais da avogacía sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Froito dese Convenio xurde o programa de clases en liña, gratuíto e aberto e a todos e todas as profesionais da avogacía galega, para mellorar a súa formación en materia de violencia de xénero.


Calendario de clases en liña

  • 2 de novembro:
    • Tratamento da vítima de violencia de xénero en comisaría. Alejandra Domínguez Pereiras, Policía Nacional.
    • A dispensa do deber de declarar das vítimas de violencia de xénero. O artigo 416 na actualidade. Gema Rial Rodríguez, avogada.
  • 9 de novembro:
    • Implantación dos medios electrónicos de localización. Elisa Campoy López-Perea, avogada.
    • Como facer un bo escrito de acusación. Asunción Álvarez Lois, avogada.
  • 16 de novembro:
    • Guía de boas prácticas da avogacía española. Amparo Echávarri Rodríguez, avogada.
    • Normativa vixente en materia de violencia doméstica e de xénero. Gema Rial Rodríguez, avogada.
  • 23 de novembro:
    • A entrevista á vítima. Amparo Echávarri Rodríguez, avogada.
    • Atención ás vítimas de violencia de xénero con discapacidade. Alejandra Domínguez Pereiras, Policía Nacional.
  • 28 de novembro:
    • Incidencias da orde de protección. Elisa Campoy López-Perea, avogada.
    • Suspensión do dereito de visitas. Asunción Álvarez Lois, avogada.
  • 30 de novembro: Xurisprudencia actualizada do Tribunal Supremo en violencia de xénero 2020/2023. Acordos de pleno e criterios. Vicente Magro Servet, maxistrado do Tribunal Supremo.

Calendario de clases en liña


Inscrición

Aqueles e aquelas interesados en inscribirse no programa de clases en liña deberán premer AQUÍ e cubrir o formulario.

O rexistro a través do formulario dará dereito ao acceso a todas as clases en liña do programa. Non será preciso repetir a inscrición para cada xornada.

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies