O Consello da Avogacía Galega asinou un convenio de colaboración coa Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Política Social e Igualdade para o desenvolvemento de accións de formación especializada a profesionais da avogacía sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Froito dese Convenio xurde o programa de clases en liña, gratuíto e aberto a todos e todas as profesionais da avogacía galega, para mellorar a súa formación en materia de violencia de xénero.
Calendario de clases en liña
- Venres, 14 de novembro: Vicente Magro Servet falará sobre a xurisprudencia actualizada do Tribunal Supremo en violencia de xénero.
- Martes, 18 de novembro: “Sentenza pioneira en violencia vicaria / O anteproxecto de Lei”, Elisa Campoy López-Perea.
- Mércores, 19 de novembro: «Dano psicolóxico e dano moral: diferencias e pautas para pedilos como acusación particular en violencia de xénero», Gema Rial Rodríguez.
- Xoves, 20 de novembro: «Recursos para mulleres que sofren violencia de xénero, un plus para a avogacía», Begoña Riveira Barros.
- Luns, 24 de novembro: «Intervención práctica do avogado da vítima. A defensa dos seus dereitos recoñecidos pola Lei 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero», Asunción Álvarez Lois / «Tratamento da vítima en comisaría. Distintas tipoloxías», Alejandra Domínguez Pereiras.
- Martes, 25 de novembro: «A violencia de xénero desde a perspectiva civil: protección patrimonial, custodia e vivenda», Elisa Campoy López-Perea/»Os dereitos das vítimas estranxeiras. Especial referencia ás mulleres en situación irregular e ás vítimas de trata. Novidades», Asunción Álvarez Lois.
- Mércores, 26 de novembro: «Réxime de visitas nos procedementos de familia», Sonia Rey Salgueiro / «Por que non se pode mediar cando se acredita unha situación de violencia de xénero?», Begoña Riveira Barros.
- Xoves, 27 de novembro: «Impago de pensións. Violencia económica», Gema Rial Rodríguez / «Violencia dixital», Sonia Rey Salgueiro
Todas as conferencias, agás a do día 14 de novembro, comezarán ás 16 horas.
En breve facilitaremos a información pendente de confirmación.
Inscrición
Aqueles e aquelas interesados en inscribirse no programa de clases en liña deberán premer AQUÍ e cubrir o formulario.
O rexistro a través do formulario dará dereito ao acceso a todas as clases en liña do programa. Non será preciso repetir a inscrición para cada xornada.