PRAZO DE INSCRICIÓN AMPLIADO ATA O 15 DE FEBREIRO DO 2020
Este curso pretende abordar dunha forma clara e, sobre todo, práctica, a determinación das penas en función dos diversos parámetros que contempla o Código Penal.
Mediante a aplicación dunha serie de regras, unhas aritméticas (que permiten saber como se sube ou baixa en grado ou como se calculan as metades) e outras relativas á tentativa, á complicidade, ás eximentes, cando hai agravantes, multirreincidencia… Determinarase a pena que se pode solicitar para o acusado.
Trátase dunha ferramenta imprescindible para calquera profesional adicado ao Dereito Penal, especialmente no caso de exercer a defensa, xa que o letrado saberá ata onde pode chegar nunha negociación coas acusacións ou incluso na formulación da súa estratexia de defensa.
Para máis información:
Este curso está organizado polo Consello da Avogacía Galega, en colaboración cos Colexios da Avogacía de Galicia e Thomson Reuters Aranzadi.
IMPORTANTE: lembra que xa podes descargar as túas facturas de formación desde a propia aula virtual. Por favor, antes de matricularte no curso, revisa AQUÍ os teus datos de facturación e actualízaos no caso de ser necesario. Do contrario, a factura xerada podería presentar información incorrecta, o que suporía varias xestións administrativas.