Desde o punto de vista xurídico, a ciberseguridade consiste no conxunto de normas e principios legais que regulan a protección dos sistemas informáticos e da información que se atopa almacenada neles. Isto inclúe o tratamento e protección de datos persoais, a prevención e persecución de delitos informáticos, a responsabilidade civil en caso de vulneración de sistemas, e outros aspectos relacionados coa seguridade da información no ámbito dixital.
Así, o obxectivo deste curso é proporcionar aos avogados e ás avogadas os coñecementos necesarios para comprender os riscos da ciberseguridade e aplicar os mecanismos necesarios para protexer os sistemas informáticos e a información confidencial dos seus clientes.
Este curso está coordinado por José María Lozoya Pérez, avogado especializado en Dereito das TIC e protección de datos. O temario foi actualizado segundo a normativa vixente (maio 2023).
A situación xeográfica de España convértea nun punto de recepción de inmigración, véndose isto incrementado polo crecemento progresivo dos fluxos de poboación no século XXI. Estes movementos migratorios poden deberse a razóns humanitarias, laborais ou económicas, entre outras causas.
Cada caso implica unha serie de trámites que deben ser coñecidos pola avogacía para poder exercer o seu traballo da forma máis eficaz e eficiente posible. Para isto a formación cumpre un papel fundamental.
Preséntase a 5ª edición de este curso, redactada e coordinada un ano máis por Juan José Vázquez Rodríguez, xefe da Unidade de Asesoramento ás Migracións do Concello da Coruña. O temario foi actualizado segundo a normativa vixente a 12 de marzo do 2022.
O curso de Teletraballo orientado á avogacía pretende ofrecer unha visión básica sobre o teletraballo, repasando algunas de las principales herramientas que se usan para trabajar telemáticamente.
Baseouse en gran parte na experiencia da propia institución propietaria do curso, cuxa persoal laboral vén valéndose dalgunhas das ferramentas que aquí se describen desde hai xa varios anos.
O nivel de profundidade de este curso é básico, pero o seu contido amplíase a recomendacións de uso de ferramentas ofimáticas e boas prácticas no uso das chamadas Tecnoloxías da Información e a Comunicación.