MATRÍCULA ABERTA
A situación xeográfica de España convértea nun punto de recepción de inmigración, véndose isto incrementado polo crecemento progresivo dos fluxos de poboación no século XXI. Estes movementos migratorios poden deberse a razóns humanitarias, laborais ou económicas, entre outras causas.
Cada caso implica unha serie de trámites que deben ser coñecidos pola avogacía para poder exercer o seu traballo da forma máis eficaz e eficiente posible. Para isto, a formación cumpre un papel fundamental.
Así, preséntase a 5ª edición de este curso, redactada e coordinada un ano máis por Juan José Vázquez Rodríguez, xefe da Unidade de Asesoramento ás Migracións do Concello da Coruña. O temario actualizouse tendo en conta novidades como:
- O Real Decreto 629/2022, de 26 de xullo, polo que se modifica o Regulamento da Lei Orgánica 4/2000, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, que modificou 36 puntos distintos do Regulamento de Estranxeiría.
- A Lei 20/2022, de 19 de outubro, de Memoria Democrática, que permite unha posibilidade temporal de acceso á nacionalidade española para varios supostos.
- A Lei 28/2022, de 21 de decembro, de fomento do ecosistema das empresas emerxentes modificou na súa Disposición Final quinta a Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización que é o obxecto principal do “Módulo 2º. Mobilidade internacional”.
- Novas instrucións que desenvolven o procedemento e concretan supostos de acceso.
Características do curso:
- Modalidade: en liña.
- Nº horas: 100.
- Prezo: gratuíto, tanto para colexiados/as exercentes coma non exercentes e alumnos/as do Máster de Acceso á Avogacía dos Colexios da Avogacía de Galicia.
- Lugar de matrícula: https://formacion.avogacia.gal
- Prazo de matrícula: este curso forma parte do plan de formación continua do Consello da Avogacía Galega, polo que non haberá data límite de matrícula.
Para máis información:
- Ver guía.
- Contactar co Consello no enderezo electrónico redes@avogacia.gal ou no teléfono 981 121 893.
Esta actividade formativa está organizada polo Consello da Avogacía Galega, en colaboración cos Colexios da Avogacía de Galicia
Acceso á aula virtual