O mércores 10 de maio, de 17.30 a 19.30 h., o Consello da Avogacía Galega emitirá a través de Zoom a seguinte conferencia en liña, impartida por Vicente Magro Servet:
«A reforma dos delitos sexuais pola Lei Orgánica 4/2023, de 27 de abril, que reforma a Lei «do sí é sí» en materia de penas e outras cuestións»
Analízase o texto da Lei Orgánica 4/2023, de 27 de abril, que modifica a LO 10/2022, que entrou en vigor o 7 de outubro, de reforma dos delitos contra a liberdade sexual que esixe e require un coñecemento exacto e detallado dos aspectos relevantes da reforma do Código Penal para comprobar como queda a regulación agora nesta materia e os seus aspectos diferenciais co réxime da LO 10/2022, e co texto penal modificado, así como a aplicación aos feitos xa cometidos.
Analízase a modificación do sistema de penas dos delitos sexuais e o dereito transitorio.
Obxectivos:
Ofrecer unha análise para o letrado/a acerca desta reforma que esixe avanzar no coñecemento da nova redacción e fins dos novos tipos penais e penas aplicadas, así como novidades respecto do que aprobou a LO 10/2022 e Código Penal anterior como novidades.
Programa:
- Novo sistema de penas na reforma do CP que modifica a O 10/2022 de 6 de Setembro.
- Análise do consentimento en materia de delitos sexuais e Xurisprudencia do Tribunal Supremo.
- Táboas comparativas de penas entre a O 10/2022 e a reforma que introduce a nova Lei 4/2023.
- Medidas cautelares urxentes para delitos por Internet .
- Interrogatorio ás vítimas en xuízo oral.
- Reforma do delito de acoso.
- As vexacións de carácter sexual.
- A nova configuración da agresión sexual. Circunstancias e elementos concorrentes.
- As agravacións do art. 180 CP e novo réxime de penas.
- Agresións sexuais a menores de 16 anos.
- Novo réxime de penas e dereito transitorio.
- Competencia de xulgados do penal e Audiencias Provinciais tras a reforma do art. 14 LECRIM.
Sobre Vicente Magro Servet:
- Maxistrado do Tribunal Supremo desde febreiro de 2018.
- Doutor en Dereito Penal e Procesual Penal con sobresaínte cum laude.
- Autor de 60 libros e máis de mil artigos xurídicos.
- Posúe
a Cruz de Honra de San Raimundo de Peñafort, Premio Xustiza da
Generalitat Valenciana en 2011, Medalla Penal do Ministerio do Interior
2013, Premio Calidade da Xustiza CGPJ 2014, Premio Soledad Cazorla en
2016 pola súa actividade contra a violencia de xénero, Premio ACIJUR en
febreiro 2017 da prensa xurídica de Madrid.
- Tamén é membro asesor do Observatorio de Violencia doméstica e de xénero do CGPJ desde o ano 2002.
Máis información: