Co fin de axudares no proceso de transición de Lexnet Abogacía a LexNET Justicia, desde o CGAE poñen a disposición de todos os interesados e interesadas os seguintes materiais:
- Vídeotutoriais de LexNET Justicia: 30 vídeos de curta duración nos que se explica a configuración dos equipos, a instalación da aplicación móbil e as principais funcionalidades de LexNET Justicia. Este e outros vídeos pódense visualizar na web do CGAE.
Tamén pódense descargar todos os vídeos desde esta dirección.
- MICROSITE INFORMATIVO cos pasos a seguir para a transición, noticias, preguntas frecuentes, enlaces de interese do Ministerio de Xustiza, etc.
Lembrámosvos que desde o 12 de febreiro Lexnet Abogacía deixou de enviar alertas SMS aos usuarios e o 31 de marzo pecharase definitivamente a plataforma.