Skip to main content

Lourdes Carballo Fidalgo, nova decana do Colexio de Avogados de Vigo

 

 

Case 800 colexiados (780) participaron nas eleccións á Xunta de Goberno no Colexio de Avogados de Vigo, celebradas o venres 19 de novembro. Os candidatos que optaron ao decanato foron Lourdes Carballo, Josefina Barros e Miguel Hinrichs.

Unha vez pechado o prazo de votación e realizado o reconto de papeletas, Lourdes Carballo resultou elixida cun 52% dos votos.

Así, a Xunta de Goberno fica constituída do seguinte modo:

Decano: Dª. María Lourdes Carballo Fidalgo
Deputado 1º: D. José Manuel Otero Rodríguez
Deputado 2º: D. Celestino Fernández Miranda
Deputado 3º: D. Ángel Piñeiro Nogueira
Deputado 4º: Dª. Sonia Fernández Vilar
Deputado 6º: Dª. Ana Daria Salas Iglesias
Tesoureiro: D. Francisco José Vila Blanco
Bibliotecario/ Contador: D. Antonio Rodrígues Llopis
Secretario: D. Santiago Costa De Caso

 

Algúns datos de participación
Votaron:
680 exercentes
90 non exercentes

Exercentes candidaturas pechadas:
Lourdes Carballo – 289 votos
Fina Barros – 180 votos
Miguel Hinrichs – 69 votos
Óscar Martínez – 1 voto

Non exercentes candidaturas pechadas:
Lourdes Carballo – 46 votos
Fina Barros – 24 votos
Miguel Hinrichs – 10 votos
Óscar Martínez – 0 votos

 

Pódese consultar máis información sobre as eleccións no Colexio de Avogados de Vigo.

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies