Lourdes Carballo Fidalgo toma posesión como nova presidenta do Consello da Avogacía Galega

Lourdes Carballo Fidalgo toma posesión como nova presidenta do Consello da Avogacía Galega

  • Na mañá de hoxe tivo lugar o acto de toma de posesión na sede do Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña e contou coa asistencia dunha notable representación de autoridades de Galicia e de institucións vinculadas a Xustiza
  • Sucede no cargo a Pilar López-Guerrero Vázquez

A Coruña, 30 de setembro de 2022. Na mañá de hoxe tivo lugar o acto oficial de toma de posesión da nova Presidenta do Consello da Avogacía Galega, Lourdes Carballo Fidalgo, quen sucede no cargo a Pilar López-Guerrero Vázquez.

O acto, celebrado na sede do Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña contou coa asistencia de autoridades e do Pleno do Consello da Avogacía Galega. Entre as autoridades asistentes estiveron presentes a Alcaldesa da Coruña, o Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o Fiscal Superior de Galicia, a Presidenta do Consejo General de la Abogacía Española, así como unha ampla representación da avogacía galega.

No seu discurso de toma de posesión, Lourdes Carballo Fidalgo agradeceu en primeiro lugar «a confianza na miña persoa dos meus compañeiros do Pleno do Consello da Avogacía«. A continuación destacou «a necesidade da avogacia de estar unida neste momento de modificacións lexislativas de calado, encamiñadas á mellora do servizo da xustiza, que esixen a nosa especial atención e vixilancia en aras a manter incólume o dereito de defensa, e protexer a función que exercemos avogados e avogadas cada dia, prestando o servizo de asistencia xurídica e defensa. Queremos unha xustiza non só áxil e eficaz, senón tamén atenta, respectuosa coa nosa función e a dignidade da nosa profesión, merecedora da consideración de todos os poderes públicos, por ser esencial para a consecución da xustiza«.

Lourdes Carballo Fidalgo, Decana do ICA de Vigo e nova Presidenta do Consello da Avogacía Galega é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exercendo a avogacía desde o ano 1988. En 2014 foi elixida Decana do ICA de Vigo e reelixida con posterioridade. Forma parte da Comisión Permanente do Consejo General de la Abogacía Española, institución na que é Conselleira e Presidenta da Comisión para a defensa dos dereitos e intereses profesionais da profesión xurídica. No mes de xuño deste ano ingresou na Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación como académica de número.


Pleno do Consello da Avogacía Galega

O Pleno do Consello da Avogacía Galega queda configurado da seguinte maneira:

  • Presidenta: Lourdes Carballo Fidalgo, Decana do ICA de Vigo
  • Vicepresidente: Francisco José Rabuñal Mosquera, Decano do ICA de Santiago de Compostela
  • Secretario-Tesoureiro: Augusto José Pérez-Cepeda Vila, Decano do ICA da Coruña

Vogais:

  • Luis Torres Foira, Decano do ICA de Ferrol
  • Félix Mondelo Santos, Decano do ICA de Lugo
  • Pilar López-Guerrero Vázquez, Decana do ICA de Ourense
  • Gema Rial Rodríguez, Decana do ICA de Pontevedra
Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies