Curso de Marketing orientado á Avogacía

Curso de Marketing orientado á Avogacía

ABERTO PRAZO DE MATRÍCULA ATÉ O 8 DE NOVEMBRO

Ser un despacho competente é necesario, pero non é suficiente para ter éxito.

Aínda que se conte co mellor equipo ou se preste o mellor servizo: resulta vital, ademais, coñecer e aplicar técnicas de mercadotecnia que nos axuden a facer visible o noso despacho e consolidar a nosa imaxe de marca.

Así, neste curso preséntanse as tendencias e os novos modelos de negocio na avogacía, xunto coas habilidades profesionais necesarias e demandadas, para despois abordar como elaborar estratexias de marketing adaptadas aos despachos no contexto actual.

Ademais, contamos coa mellor e máis reputada especialista en comunicación dos despachos da avogacía: Lidia Zommer.


Características do curso:

  • Modalidade: en liña.
  • Metodoloxía: material de consulta en formato PDF e presentacións interactivas (SCORMs), con cuestionarios de autoavaliación. Webinars de asistencia voluntaria.
  • Nº horas: 50.
  • Prezo:
    • 70 € Colexiados/as exercentes e non exercentes dos Colexios da Avogacía galegos.
    • 50 € Alumnos/as do Mestrado da Avogacía e alumnado de Dereito das universidades galegas.
  • Lugar de matrícula: https://formacion.avogacia.gal.
  • Webinars a cargo de Lidia Zommer, especialista en comunicación dos despachos da avogacía:
    • 8 de novembro, de 16 a 17 h.: Por que un avogado necesita saber marketing?
    • 9 de novembro, de 16 a 17 h.: Plan de marketing: Como saber que hai que facer
    • 22 de novembro, de 16 a 17 h.: Marketing de contidos: Como demostrar o teu valor antes de que te contraten
    • 23 de novembro, de 16 a 17 h.: Como debe ser a web dun avogado para conseguir clientes?
    • 29 de novembro, de 16 a 17 h.: Redes sociais e publicidade dixital: Como difundir a túa mensaxe e conectar coas persoas que interesan
    • 30 de novembro, de 16 a 17 h.: Email marketing: Como manterte na mente dos teus contactos

Para máis información:


Esta actividade formativa está organizada polo Consello da Avogacía Galega, en colaboración cos Colexios da Avogacía de Galicia.


Acceso á aula virtual
Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies