Comunicado de prensa
SATISFACCIÓN NO CONSELLO DA AVOGACÍA GALEGA POLA DIMISIÓN DO MINISTRO DE XUSTIZA
O Consello tiña declarado «persoa non grata» a Alberto Ruíz-Gallardón
A Coruña, 24 de setembro de 2014. O Consello da Avogacía Galega quere manifestar a súa satisfacción pola aceptación da dimisión presentada polo Ministro de Xustiza, e espera que se inicie unha nova etapa, na que o goberno reconduza as iniciativas que actualmente están creando graves conflitos no ámbito xurídico e social. Ao mesmo tempo, o Consello desexa os maiores éxitos e acertos ao novo titular da carteira.
A avogacía continuará loitando polos dereitos da cidadanía e en particular pola eliminación das taxas xudiciais, que tanta desigualdade producen no acceso á Xustiza.