O 31 de marzo, a plataforma de Lexnet Abogacía deixará de estar accesible. Esta data acordouse tras a negociación que se levou a cabo durante estes meses entre o Ministerio de Xustiza e o CGAE (Consejo General de la Abogacía Española).
Deixaranse de enviar as notificacións vía SMS, polo que desde o CGAE suxiren facer o cambio de plataforma canto antes.
Sobre o soporte técnico, contarase coa axuda do Centro de Atención a Usuarios do Ministerio de Xustiza, accesible a través da web http://lexnetjusticia.gob.es/contactolexnet .
Máis información na web do CGAE