Achegamos os protocolos de actuación e organización, e o de actuacións telemáticas, aprobados pola Sala de Goberno do pasado día 30 de setembro e remitidos polo Presidente do TSXG.
O primeiro substitúe ao de reordeación de axendas de sinalamentos e ten por obxecto unificar as normas de acceso, estancia e desenvolvemento de actuacións en todos os órganos xudiciais de Galicia.
O segundo é a adaptación do xa vixente ás determinacións da Lei 3/2020.