Responsabilidade civil profesional e o seu seguro

Responsabilidade civil profesional e o seu seguro

A Fundación INADE organiza esta xornada o 22 de abril en sesión matinal no Paraninfo da Universidade da Coruña, coa colaboración do Consello da Avogacía Galega, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, o Consello Galego de Colexios Médicos e o Consello Galego de Economistas.

O avogado Juan Antonio Armenteros Cuetos participará, en representación do Consello da Avogacía Galega, na mesa redonda «A visión gremial da responsabilidade civil profesional».

No transcurso da xornada presentarase oficialmente o sexto volume da colección Cadernos da Cátedra que, baixo o mesmo título, elaborou Xosé Manuel Busto Lago, catedrático de Dereito Civil da Universidade da Coruña.


De que se falará:

  • Da responsabilidade civil derivada de danos causados como consecuencia da realización de actividades profesionais.
  • Da xestión do risco da RC profesional de avogados, arquitectos, economistas e médicos.
  • Das solucións que proporciona a industria aseguradora para transferir o risco da RC profesional.

Programa da xornada

Acceso á inscrición

Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies