Curso de reciclaxe para mediadores

Curso de reciclaxe para mediadores

MATRÍCULA ABERTA*

*Os obradoiros e conferencias deste curso tiveron lugar entre o 6 de febreiro e o 13 de marzo do 2025. Debido á alta demanda de formación en mediación e á inminente entrada en vigor da Lei Orgánica 1/2025, o Consello manterá aberta a matrícula para esta actividade formativa. As gravacións dos obradoiros e conferencias están dispoñibles na aula virtual do Consello, e a súa visualización permitirá realizar o cuestionario necesario para obter o certificado de aproveitamento das 20 horas lectivas do curso.


Acceso á aula virtual


O artigo 6 do Real Decreto 980/2013 esixe aos mediadores a realización de actividades de formación continua, de carácter eminentemente práctico, cunha duración mínima de 20 horas cada cinco anos.

A entrada en vigor da Lei Orgánica 1/2025 en abril de 2025 impulsa a mediación como mecanismo alternativo de resolución de conflitos no ámbito procesual español. Este curso pretende actualizar e especializar aos mediadores titulados para afrontar a situación derivada desta reforma e ofrecer un servizo de calidade e acorde coas novas esixencias legais.

O Consello da Avogacía Galega é unha corporación de dereito público que, segundo os seus estatutos, ten entre as súas competencias a formación continuada dos profesionais da avogacía, en coordinación cos colexios da avogacía de Galicia.

Con esta iniciativa, o Consello dá resposta á demanda formativa que a entrada en vigor da L.O. 1/2025 require e reafirma o seu compromiso de garantir a preparación dos avogados e avogadas para un entorno normativo en constante evolución e cunha crecente demanda de solucións alternativas de resolución de conflitos.

Os obradoiros foron programados polo Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña.

O presente curso non só cumpre a función de reciclaxe dos mediadores, senón que tamén serve para que aqueles profesionais que non desexen exercer a mediación comprendan os mecanismos legais e procedimentais desta actividade.


Características do curso:

  • Organización: Consello da Avogacía Galega.
  • Programación e xestión dos obradoiros gravados: Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña.
  • Modalidade: híbrida (blended learning).
  • Nº horas: 20. O curso consta da gravación de 4 obradoiros de 4 horas cada uno e da gravación de 2 conferencias en liña de 2 horas cada unha.
  • Prezo: 100 €.
  • Destinatarios: avogados/as colexiados/as en Galicia.
  • Lugar de matrícula: https://formacion.avogacia.gal
  • Certificado: será necesaria a visualización de todas as gravacións e a superación dun cuestionario para a obtención do certificado que acreditará a superación das 20 horas lectivas.

Equipo de traballo:

  • Directora do curso: Adela Fernández Luaces.
  • Responsables dos obradoiros: Pilar Cortizo Mella, Asunción Jiménez de Llano Zato e Belén Baamonde Leis.
  • Coordinación do curso: Sergio Aramburu Guillán.
  • Asistencia técnica: Iria Rodríguez Fidalgo.
  • Xestión de formación: Verónica Pajón Jacobe.

Para máis información:

  • Ver guía.
  • Contactar co Consello no enderezo electrónico redes@avogacia.gal ou no teléfono 981 121 893.

Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies