Skip to main content

Curso de Dereito Concursal

A necesidade que teñen os letrados e letradas de formarse no Dereito Concursal radica na importancia de coñecer os principios básicos que inspiran o conxunto de normas xurídico privadas que se ocupan de regular as crises económicas empresariais.

Neste curso analízanse todas as cuestións que determinan as actuacións a levar a cabo no procedemento concursal e que desembocan no auto de declaración do concurso, e todo actualizado segundo os cambios introducidos pola última normativa.

A formación é impartida integramente en liña e supón 90 horas lectivas. O prazo para a realización do curso remata o 30 de setembro do 2018.

José Ignacio Losada Castillo, avogado e administrador concursal, será o formador responsable de atender as dúbidas dos alumnos.

 

Esta formación xurde dunha colaboración entre o Consello da Avogacía Galega e a editorial Thomson Reuters Aranzadi, que pon á nosa disposición parte do seu catálogo formativo para chegar ao maior número de colexiados e colexiadas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Inscrición

O prazo de inscrición remata o 30 de abril do 2018. A matrícula realizarase a través da aula virtual, http://avogacia.gal/formacion .

Prezo do curso:

  • Colexiados/as exercentes e alumnos/as de Máster: 70 €
  • Colexiados/as non exercentes: 90 €

 

Máis información

Curso de Sociedades Mercantís

Neste curso realízase un profundo estudo dos órganos sociais que interveñen no tráfico mercantil das sociedades anónimas, xunto co réxime de disolución e liquidación que afecta a este tipo de sociedades, así como as operacións de ampliación e redución de capital.

A actividade formativa consta de dez unidades temáticas, que permitirá a autoavaliación dos alumnos e alumnas a través de cuestionarios de corrección automática.

A formación é impartida integramente en liña e supón 60 horas lectivas. O prazo para a realización do curso remata o 30 de setembro do 2018.

Sara Menor  Conde, avogada e profesora na área de Dereito Mercantil na Universidade de Vigo, será a formadora responsable de atender as dúbidas dos alumnos.

 

Esta formación xurde dunha colaboración entre o Consello da Avogacía Galega e a editorial Thomson Reuters Aranzadi, que pon á nosa disposición parte do seu catálogo formativo para chegar ao maior número de colexiados e colexiadas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Inscrición

O prazo de inscrición remata o 30 de abril do 2018. A matrícula realizarase a través da aula virtual, http://avogacia.gal/formacion .

Prezo do curso:

  • Colexiados/as exercentes e alumnos/as de Máster: 50 €
  • Colexiados/as non exercentes: 70 €

 

Máis información

Curso de Especialista en Valoración de Danos e Perdas Causados ás Persoas en Accidentes de Circulación

O 1 de xaneiro do 2016 entrou en vigor o novo sistema de valoración de danos e perdas causados ás persoas en accidentes de circulación.

O obxectivo da revisión da Lei do 95 foi conseguir que as indemnizacións foran máis acordes á situación da vítima. Así, mediante un sistema de táboas, ademais de ter en conta os danos e perdas físicas e morais, incorpóranse ao cálculo as circunstancias persoais, familiares, laborais ou profesionais das vítimas e danados. Leer más

Curso Práctico de Especialista en Contabilidade

A presenza da Contabilidade nas Ciencias Xurídicas adquiriu unha gran significación conforme á evolución do mundo dos negocios. Os xuristas precisan comprender a linguaxe contable e ter unhas nocións básicas da técnica rexistral contable, dos estados financeiros das empresas e dos traballos e informes realizados polos auditores de contas. Ditos coñecementos seranlles necesarios para afrontar en moitas ocasións a información financeira publicada polas empresas ou conceptos contables específicos, calquera que sexa a rama do dereito á que se adiquen.

Leer más

Curso Superior de Técnico de Urbanismo 2017-2018

Organizado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública. Leer más

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies