Luis Torres Foira, vicedecano da anterior Xunta de Goberno, tomou hoxe posesión como decano do Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol.
Tendo sido presentada en prazo a candidatura para a provisión de todos os cargos da Xunta de Goberno e reunindo os candidatos presentados os requisitos legais esixidos ao efecto, o día 11 de xuño procedeuse á proclamación e relación do listado de membros da Xunta de Goberno, cuxa candidatura conxunta contou como diputados con Fernando Barro Sabín, Clara Isabel Vilariño López, Ramón Artime Cot e Elvira Miramontes Mas.
Como tesoreira foi nomeada Carolina López Maiztegui; como contadora, María Iladid Santamarina Lobeiras; como bibliotecario, José Ángel Sanz López; e como secretario Julio Barros Casal.
Noraboa, decano, e benvido ao Consello.