O Consello da Avogacía Galega renovou en maio do 2018 o convenio asinado co IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo) para facilitar o asesoramento xurídico ás persoas sen recursos en risco de perder a vivenda.
Como froito dese convenio, póñense a disposición da cidadanía dúas novas vías para solicitar o servizo de asesoramento gratuíto:
- Un formulario web.
- O teléfono 900 121 221.