Curso de Comunicación Relacional: Modelo Bridge

Curso de Comunicación Relacional: Modelo Bridge

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA AS EDICIÓNS DE FERROL E PONTEVEDRA ATA O 21 DE ABRIL, INCLUÍDO

 

Por que con algunhas persoas entendémonos facilmente e, en cambio, con outras nos resulta tan difícil? Por que algunhas cousas que dicimos a uns lles sentan tan mal e a outros lles sentan tan ben? Por que as mesmas palabras algunhas veces nos achegan e outras xeneran unha distancia insalvable? Para responder a estas preguntas, Ferrán Ramón-Cortés e Alex Galofré desenvolveron o modelo Bridge.

Segundo este modelo, existen 4 estilos relacionais básicos nos que todos nos podemos enmarcar e que representan formas moi diferentes de comunicarse e relacionarse cos demais. O modelo Bridge ensina a identificar a nosa forma de relacionarnos, as súas características e as súas áreas de eficacia e ineficacia. Tamén permite descubrir a preferencia relacional dos demais, o que axuda enormemente a comunicarnos, xa que podemos adaptarnos ao outro para que a conversa sexa máis eficaz.

 

Que trataremos no curso?

  • Os catro estilos relacionais.
  • Cal é o meu estilo?
  • Identificar os distintos estilos.
  • Que é importante para cada estilo e que debemos evitar con cada un deles.
  • Relacións entre estilos: Miopías e incomprensións.
  • Creando pontes: Chegar a acordos e colaborar con outros estilos.

 

Metodoloxía

A formación é totalmente práctica e dinámica. Nunha sesión reducida no tempo, pero á vez intensa, vese rapidamente o estilo relacional de cada persoa. Ao descubrir esta información, cambia a perspectiva da xente, que aprende a comunicarse doutra forma máis funcional, o que mellora notablemente a comunicación co equipo e o resto de áreas da empresa. Ao tratarse dunha actividade, os participantes saen da súa área de confort e ven a súa faceta máis humana e real, o que facilita enormemente obter resultados positivos a través deste taller vivencial.

 

Queres coñecer as opinións doutros alumnos?

 

Docente

A formadora é Alejandra Sánchez Barge, avogada e co-active coach por CTI, practitioner en PNL, certificada como coach de equipos, formada no Modelo de Comunicación Insights Discovery. Foi a primeira certificada en Galicia no modelo Bridge® de comunicación relacional. Traballa como formadora e coach, concentrándose no 2002 en entrenar as habilidades de comunicación e oratoria, axudando desde entón a máis de 1800 persoas. Colaboradora docente na USC, UDC e o Consello da Avogacía Galega.

Colaboradora habitual da radio EsGalicia, no programa «Es la mañana en Galicia», dedicando a súa sección ao entrenamento en habilidades. Forma parte da xunta directiva de AECOP Galicia e de AECO, Asociación de Empresarias de A Coruña.

 

Coñece as datas de celebración nos diferentes Colexios de Avogados de Galicia

Consulta aquí prezos e forma de preinscrición e matrícula

 

Descarga a guía do curso

Descarga o folleto do curso

 

Acceso á aula virtual
Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies