ABERTO PRAZO DE MATRÍCULA ATÉ O 8 DE NOVEMBRO
Ser un despacho competente é necesario, pero non é suficiente para ter éxito.
Aínda que se conte co mellor equipo ou se preste o mellor servizo: resulta vital, ademais, coñecer e aplicar técnicas de mercadotecnia que nos axuden a facer visible o noso despacho e consolidar a nosa imaxe de marca.
Achegamos comunicación remitida polo TSXG o 31 de maio respecto á COVID-19 no ámbito da Administración da Xustiza.
Esta comunicación fai alusión aos protocolos aprobados en sesión do 9 de outubro do 2020, sobre os que tamén se informou no seu momento.
INSCRICIÓN ABERTA
Co fin de ampliar a formación impartida na aula virtual do Consello sobre violencia sobre a muller, comezamos unha serie de clases en liña en materia de violencia de xénero.
O BOE publicou hoxe 24 de marzo do 2021 o novo Estatuto Xeral da Avogacía, aprobado na súa reunión do 2 de marzo polo Consello de Ministros. Este novo texto, que entrará en vigor o próximo 1 de xullo, actualiza a normativa que regula a profesión e dótaa dun marco lexislativo moderno e eficaz que substituirá ao que rexía desde o ano 2001.
Hoxe, 10 de marzo do 2021, publicouse no BOE o novo Regulamento de Asistencia Xurídica Gratuíta, que deroga e substitúe o Real decreto 996/2003, do 25 de xullo, que aprobou o Regulamento actualmente vixente.