Author Archive admin

LexNET Justicia: materiais formativos

Co fin de axudares no proceso de transición de Lexnet Abogacía a LexNET Justicia, desde o CGAE poñen a disposición de todos os interesados e interesadas os seguintes materiais:

Read More

Publicación no DOG do acordo polo que se crean os ficheiros de datos de carácter persoal do Consello da Avogacía Galega

ACORDO do 12 de decembro de 2016 polo que se crean ficheiros de datos de carácter persoal.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, establece que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio de disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou diario oficial correspondente.

A entrada en vigor do regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, aprobado mediante Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, introduciu, a través dos artigos 53 e 54, algunhas novidades en canto á forma e ao contido da disposición e destacou a necesidade de especificar o sistema de tratamento do ficheiro, que pode ser automatizado, non automatizado ou parcialmente automatizado.

Read More

Plan Estratéxico da Avogacía 2017-2020

Cinco eixes estratéxicos para traballar por unha Xustiza máis áxil, moderna e eficaz: unha avogacía confiable e preparada, unha avogacía defensora e garante do servizo público da Xustiza, unha avogacía comprometida cos dereitos dos cidadáns, unha avogacía innovadora e tecnoloxicamente avanzada e unha avogacía europea con visión global

Tags Read More

A plataforma Lexnet pechará o 31 de marzo

O 31 de marzo, a plataforma de Lexnet Abogacía deixará de estar accesible. Esta data acordouse tras a negociación que se levou a cabo durante estes meses entre o Ministerio de Xustiza e o CGAE (Consejo General de la Abogacía Española).

Tags Read More

II Xornadas de Dereito de Familia

Os días 27 e 28 de xaneiro de 2017 celebrarase na Coruña (Galicia) a segunda edición das Xornadas de Dereito de Familia, organizadas polo Consello da Avogacía Galega e o Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña en colaboración coa Asociación Española de Abogados de Familia.

Read More

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies