Achégase comunicado da Secretaria de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación coas comunicacións e notificacións electrónicas nos primeiros cinco días do mes de setembro ( artígo 16.4 do Real decreto 1065/2015) e durante o mes de agosto ( artigo 162, apartado 2, inciso segundo da LEC).
Cada 12 de xullo celébrase o Día da Xustiza Gratuíta e da Quenda de Oficio, para defender e divulgar o labor realizado por máis de 45.300 avogados de oficio, 24 horas ao día, 365 días ao ano, a través dos Servizos de Asistencia Xurídica Gratuíta e Quenda de Oficio.
O mércores 7 de xuño, a presidenta do Consejo General de la Abogacía Española (CGAE), Victoria Ortega Benito, compareceu ante o Congreso para presentar as áreas de actuación sobre as que traballar na mellora da Administración da Xustiza.
O Consejo General de la Abogacía Española (CGAE) acaba de difundir unha circular cos protocolos de actuación letrada en materia de estranxeiría, coordinados pola Subcomisión de Estranxeiría e Protección Internacional.