PagePage

Author Archive admin

A Xunta de Galicia e o Consello da Avogacía Galega traballan xuntos na atención xurídica especializada ás mulleres vítimas de violencias sexuais

A Xunta de Galicia, a través das Consellerías de Presidencia, Xustiza e Deportes e de Política Social e Igualdade, en colaboración co Consello da Avogacía Galega, asinou un convenio para fortalecer a atención xurídica especializada ás mulleres vítimas de violencias sexuais. Este acordo enmárcase nas actuacións previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e reforza o compromiso conxunto de ambas as institucións coa erradicación da violencia machista.

O convenio ten como finalidade garantir que todas as mulleres vítimas de delitos contra a liberdade sexual dispoñan de asesoramento xurídico inicial, asistencia letrada nas primeiras dilixencias e acompañamento legal especializado, independentemente dos seus recursos económicos. Este servizo prestarase as 24 horas do día e estará respaldado por avogados e avogadas con formación específica na materia.


Avances destacados e próximos pasos

Como parte deste convenio, o Consello da Avogacía Galega está ultimando a redacción dunha guía informativa dirixida ás mulleres vítimas de violencias sexuais, que será presentada formalmente nos próximos días. Este recurso busca ofrecer información clara e accesible sobre os dereitos das vítimas, os recursos dispoñibles e os pasos legais que poden seguir para protexerse e buscar xustiza. A guía incluirá un glosario de termos clave e explicará con rigor as ferramentas xurídicas e sociais ao alcance das afectadas.


Declaración institucional

O presidente do Consello da Avogacía Galega, Francisco José Rabuñal Mosquera, indicou:

«A guía que estamos ultimando será unha ferramenta clave para informar ás vítimas dos seus dereitos e dos recursos dispoñibles, facilitando así o seu acceso a unha protección efectiva.»


Distribución e difusión da guía

A guía será accesible de forma gratuíta en formato dixital a través dos canles oficiais da Xunta de Galicia e do Consello da Avogacía Galega. Tamén será distribuída en puntos clave de atención ás vítimas, como os centros de información á muller, oficinas de atención ás vítimas do delito e colexios da avogacía en toda Galicia.


Compromiso coa loita contra a violencia de xénero

Este convenio representa un paso decisivo para consolidar un sistema integral de atención ás mulleres vítimas de violencias sexuais, en liña cos compromisos adquiridos no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Xunta e Consello da Avogacía Galega traballan conxuntamente para garantir que todas as mulleres teñan acceso a unha protección xurídica especializada e a recursos que lles permitan superar estas situacións con dignidade e xustiza.

Xornadas sobre contratación pública

O Consello da Avogacía Galega, en colaboración con Viaqua, Gestión Integral de Aguas de Galicia, SAU e o Ilustre Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela, organiza unhas xornadas que abordarán cuestións de interese e actualidade no ámbito do Dereito Administrativo, afondando en temas como o papel do Consello Consultivo de Galicia na mediación de conflitos coa Administración, as cláusulas sociais e medioambientais na contratación pública, e o impacto da pandemia na xestión das concesións administrativas.

A asistencia presencial será no Colexio da Avogacía de Santiago e está aberta a toda a avogacía galega.

Tamén se facilitará o acceso en liña de forma gratuíta, tanto á avogacía como a calquera outro colectivo interesado na materia.


Programa das xornadas

Xoves, 28 novembro, 18 h. a 20 h.: Prevención de litixios e recursos na Administración Pública: análise e estratexia

  • Organización, composición e funcións do Consello Consultivo de Galicia: unha oportunidade para evitar litixios coas Administracións Públicas. José Ángel Oreiro Romar, Secretario do Consello Consultivo de Galicia.
  • O recurso especial en materia de contratación: lexitimación, requisitos para a interposición, admisión e criterios doutrinais dos tribunais de contratación pública. Santiago Valencia Villa, letrado do Consello Consultivo de Galicia.

Martes, 10 decembro, 18 h. a 20 h.: Desafíos e solucións: equilibrio económico e desindexación

  • O restablecemento do equilibrio económico-financeiro nas concesións administrativas: en especial o impacto da Covid-19 e o aumento dos prezos da enerxía. Juan Carlos Fernández López, maxistrado da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
  • Lei 2/2015, do 30 de marzo, de desindexación da economía española: o seu réxime transitorio, a validación da estrutura de custos na contratación pública para a futura revisión de prezos e a correcta aplicación dos mecanismos que incentiven a eficiencia.  José Manuel Romero García, Xunta Consultiva de Contratación Administrativa de Galicia.

Xoves, 9 xaneiro, 18 h. a 20 h.: Redefinindo o equilibrio entre calidade, sustentabilidade e prezo

  • As cláusulas sociais e medioambientais na contratación pública. Diana Santiago Iglesias, profesora titular de Dereito Administrativo na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.
  • A calidade como horizonte irrenunciable na contratación pública: o prezo non pode ser o elemento esencial.  Patricia Valcárcel Fernández, catedrática de Dereito Administrativo da Universidade de Vigo.

Inscrición

Programa de clases en liña en materia de menores 2024

O Consello da Avogacía Galega asinou un convenio de colaboración coa Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para o desenvolvemento de atención profesional a persoas menores de idade vítimas de situacións de violencia, de acoso escolar e de ciberacoso.

Read More

Programa de clases en liña en materia de violencia de xénero 2024

O Consello da Avogacía Galega asinou un convenio de colaboración coa Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Política Social e Igualdade para o desenvolvemento de accións de formación especializada a profesionais da avogacía sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Read More

Francisco José Rabuñal Mosquera tomou posesión esta mañá como novo presidente do Consello da Avogacía Galega arroupado polos máximos representantes da profesión e unha ampla representación institucional

O tamén decano do Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela sucede no cargo a Augusto Pérez-Cepeda, quen rematou o seu mandato anual no CAG tras o proceso electoral do pasado 1 de agosto.

No seu discurso reclamou á Xunta de Galicia que incremente o orzamento para a xustiza gratuíta e lembrou que o CAG non escatimará esforzos para demandar todas as unidades xudiciais que sexan necesarias para garantir unha tutela xudicial efectiva,  e para que todos os colexiados poidan gozar dunha pensión digna.

Read More

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies