A nova presidenta do Consejo General de la Abogacía, Victoria Ortega, reclamou durante a toma de posesión do seu cargo un Pacto de Estado pola Xustiza cun obxectivo «claro e posible: configurar, mediante consenso, un modelo de administración de Xustiza que mereza tal nome dentro dun verdadeiro Estado Social e Democrático de Dereito; un Pacto para sacar á Xustiza do Século XIX e levala definitivamente ao século XXI; un Pacto presidido non por criterios de oportunidade política, senón desde o coñecemento da realidade dos nosos xulgados e do traballo de todos os que actuamos na devandita administración, e en ningún caso desde actitudes compracentes que a longo prazo deriven nunha maior e máis profunda insatisfacción do cidadán».
A celebración deste día coincide coa data de aprobación do primeiro texto lexislativo sobre mediación familiar en Europa. O 21 de xaneiro de 1998, o Comité de Ministros do Consello de Europa aprobou a Recomendación R(98) sobre Mediación Familiar.
Dende entón, esta ferramenta alternativa de resolución de conflitos foise consolidando nos eidos Familiar, Civil e Social, Mercantil e Penal, grazas ao impulso das institucións xudiciais e da avogacía.
Organiza o Ilustre Colexio de Avogados de Vigo en colaboración coa Área de Dereito Procesual da Universidade de Vigo.
Organiza o Ilustre Colexio de Avogados de Vigo, o 15 de decembro no salón de actos colexial.