PagePage

Author Archive admin

Curso de violencia sobre a muller

O Consello da Avogacía Galega, na súa plataforma formativa, está a desenvolver o Curso de violencia sobre a muller.

É gratuíto para avogados/as exercentes e ten máis de 1200 alumnos e alumnas.

Read More

Victoria Ortega reclama un Pacto de Estado para crear unha Xustiza “que mereza tal nome”

A nova presidenta do Consejo General de la Abogacía, Victoria Ortega, reclamou durante a toma de posesión do seu cargo un Pacto de Estado pola Xustiza cun obxectivo “claro e posible: configurar, mediante consenso, un modelo de administración de Xustiza que mereza tal nome dentro dun verdadeiro Estado Social e Democrático de Dereito; un Pacto para sacar á Xustiza do Século XIX e levala definitivamente ao século XXI; un Pacto presidido non por criterios de oportunidade política, senón desde o coñecemento da realidade dos nosos xulgados e do traballo de todos os que actuamos na devandita administración, e en ningún caso desde actitudes compracentes que a longo prazo deriven nunha maior e máis profunda insatisfacción do cidadán”.

Read More

21 de xaneiro, Día Europeo da Mediación

A celebración deste día coincide coa data de aprobación do primeiro texto lexislativo sobre mediación familiar en Europa. O 21 de xaneiro de 1998, o Comité de Ministros do Consello de Europa aprobou a Recomendación R(98) sobre Mediación Familiar.

Dende entón, esta ferramenta alternativa de resolución de conflitos foise consolidando nos eidos Familiar, Civil e Social, Mercantil e Penal, grazas ao impulso das institucións xudiciais e da avogacía.

Read More

IV Xornadas sobre Cuestións Prácticas de Dereito Procesual Civil

Organiza o Ilustre Colexio de Avogados de Vigo en colaboración coa Área de Dereito Procesual da Universidade de Vigo.

Read More

II Xornada sobre Obrigacións Fiscais do Avogado

Organiza o Ilustre Colexio de Avogados de Vigo, o 15 de decembro no salón de actos colexial.

Read More

Uso de cookies

Nesta páxina web utilizamos cookies analíticas de Google e de redes sociais para recompilar datos sobre hábitos de navegación. Para aceptar o seu uso, prema “ACEPTAR”. Máis información na Política de cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies