PagePage

Author Archive admin

Xornadas de Dereito de familia

Os días 13 e 14 de novembro de 2015, a cidade da Coruña albergou a primeira edición das Xornadas de Dereito de Familia de Galicia, un foro participativo sobre as novidades, actualidade e cambios nas materias de esta rama do Dereito.

Tags, , Read More

As persoas con discapacidade ante os procedementos xudiciais

Xornada que se celebrará o venres 16 no Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol.

Organizan o Colexio de Ferrol e a Fundación Avogacía Española. Colaboran FEAPS, CERMI e a Fundación ONCE.

 

Máis información

Legal Management Forum 2015

Organizado por Wolters Kluwer e Inkietos e baixo a presidencia de honor da S.M. o Rei Felipe VI, o Legal Management Forum ten como obxectivo servir de espacio para a reflexión e o coñecemento dos principais retos e oportunidades relacionados coa xestión no sector da avogacía.

Read More

O Consello Xeral da Avogacía Española eleva unha queixa pola actuación do goberno húngaro coas persoas refuxiadas

Se o goberno húngaro persiste en manter este maltrato inhumano, manifestamente desproporcionado e ilegal, as autoridades europeas deberán impoñer sancións a Hungría.

Read More

Asistencia a refuxiados

 

O Consello Xeral da Avogacía Española ven de por en marcha un Rexistro de avogados especializados en materia de inmigración e asilo que se porá a disposición das autoridades españolas e da UE para abordar a asistencia xurídica de potenciais refuxiados e persoas desprazadas.

O Consello da Avogacía Galega secunda esa iniciativa e artellará as accións na nosa comunidade autónoma.

Esa asistencia prestarase tanto a nivel nacional e local, como nos denominados hotspots (puntos quentes europeos) para colaborar in situ cos avogados e autoridades dos países afectados se así o demandasen.

Os avogados que desexen formar parte deste rexistro deben dirixirse a registro.asilo@abogacia.es.

Read More

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies