Comunicado de prensa
A Coruña, 24 de setembro de 2014. O Consello da Avogacía Galega quere manifestar a súa satisfacción pola aceptación da dimisión presentada polo Ministro de Xustiza, e espera que se inicie unha nova etapa, na que o goberno reconduza as iniciativas que actualmente están creando graves conflitos no ámbito xurídico e social. Ao mesmo tempo, o Consello desexa os maiores éxitos e acertos ao novo titular da carteira.
A avogacía continuará loitando polos dereitos da cidadanía e en particular pola eliminación das taxas xudiciais, que tanta desigualdade producen no acceso á Xustiza.
O Consello da Avogacía Galega está conformado polos sete colexios de avogados de Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Vigo).
O seu estatuto foi aprobado por Decreto 130/93, de 3 de xuño, da Consellería da Presidencia. A súa sede reside na Coruña, por ser o lugar no que ten a súa sede o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Consello ofrece formación especializada aos avogados e avogadas de Galicia para prestaren os servizos profesionais consonte a uns estándares de cualidade elevados.