Ante o anuncio da convocatoria da manifestación a nivel nacional que se celebrará en Madrid o próximo día vinte e sete de abril do presente ano, cuxo obxecto é, entre outras medidas, reivindicar melloras económicas e no servizo prestado na Quenda de Oficio, o Consello da Avogacía Galega, integrado polos sete Colexios da Avogacía de Galicia, emitiu un comunicado no que informa da súa postura ao respecto.
O xoves 27 de abril, o Consello da Avogacía Galega inicia o seguinte ciclo de relatorios, de dúas sesións:
«A Lei Trans alén de loiadas. Análise da norma e o seu impacto na avogacía»
O xoves 13 de abril, de 17.30 a 19.30 h., o Consello da Avogacía Galega emitirá a través de Zoom a seguinte conferencia en liña, impartida por Vicente Magro Servet:
«A proba ilícita e a conexión de antixuridicidade. Análise xurisprudencial e respostas ante a súa formulación no proceso penal»
MATRÍCULA ABERTA
A situación xeográfica de España convértea nun punto de recepción de inmigración, véndose isto incrementado polo crecemento progresivo dos fluxos de poboación no século XXI. Estes movementos migratorios poden deberse a razóns humanitarias, laborais ou económicas, entre outras causas.
Cada caso implica unha serie de trámites que deben ser coñecidos pola avogacía para poder exercer o seu traballo da forma máis eficaz e eficiente posible. Para isto, a formación cumpre un papel fundamental.