O Consello da Avogacía Galega asinou un convenio de colaboración co IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo), organismo autónomo adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para crear as canles de información necesarias para evitar que persoas en situación de desamparo perdan a súa vivenda habitual ou, no seu caso, poidan acollerse aos programas existentes en materia de acceso á vivenda, así como para posibilitar que as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas que sexan ocupadas ilegalmente saiban como actuar ante esta situación.
Co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Consello Xeral da Avogacía Española (CGAE), a través da súa Subcomisión de Violencia sobre a Muller, manifesta o máis absoluto rechazo e condena ante calquera tipo de violencia exercida sobrea as mulleres e fillos e fillas menores de natureza física, sexual, psicolóxica ou económica, incluídas as ameazas de realizar ditos actos, a coacción ou a privación arbitraria de liberdade, na vida pública ou privada.