Comunicado do Consello da Avogacía Galega co gallo do 40º aniversario da Carta Magna.
Desde RedAbogacía comunícannos un aviso de seguridade respecto a correos fraudulentos enviados a contas pertencentes a dominios de colexios de avogados. Rogámosvos o teñades en conta.
Amplíase o prazo de inscrición para o novo curso en liña de Dereito de Familia ata o 15 de outubro do 2018.
O dereito de familia regula as relacións das persoas pertencentes á institución familiar entre si e respecto de terceiros, tanto nos seus aspectos persoais coma patrimoniais.
Tendo en conta a importancia da familia, como unidade básica da sociedade , faise necesario coñecer as ferramentas xurídicas que regulan determinados procesos ou situacións que poden suceder dentro do ámbito familiar.
Luis Torres Foira, vicedecano da anterior Xunta de Goberno, tomou hoxe posesión como decano do Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol.
Tendo sido presentada en prazo a candidatura para a provisión de todos os cargos da Xunta de Goberno e reunindo os candidatos presentados os requisitos legais esixidos ao efecto, o día 11 de xuño procedeuse á proclamación e relación do listado de membros da Xunta de Goberno, cuxa candidatura conxunta contou como diputados con Fernando Barro Sabín, Clara Isabel Vilariño López, Ramón Artime Cot e Elvira Miramontes Mas.