O Consello da Avogacía Galega asinou un convenio de colaboración co IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo), organismo autónomo adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para crear as canles de información necesarias para evitar que persoas en situación de desamparo perdan a súa vivenda habitual ou, no seu caso, poidan acollerse aos programas existentes en materia de acceso á vivenda, así como para posibilitar que as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas que sexan ocupadas ilegalmente saiban como actuar ante esta situación.
Froito dese Convenio xurden estas conferencias sobre a Lei polo dereito á vivenda, gratuítas e abertas a todos e todas as profesionais da avogacía galega, para mellorar a súa formación en materia de vivenda.
Aquelas e aqueles interesados en inscribirse no programa de clases en liña deberán premer AQUÍ e cubrir o formulario.
O rexistro a través do formulario dará dereito ao acceso a ambas as dúas conferencias en liña do programa. Non será preciso repetir a inscrición para cada xornada.