O Consello da Avogacía Galega asinou un convenio de colaboración coa Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o desenvolvemento de accións de formación especializada a profesionais da avogacía sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Froito dese Convenio xurde o programa de clases en liña, gratuíto e aberto e a todos e todas as profesionais da avogacía galega, para mellorar a súa formación en materia de violencia de xénero.
Calendario de clases en liña
- 2 de novembro:
- Tratamento da vítima de violencia de xénero en comisaría. Alejandra Domínguez Pereiras, Policía Nacional.
- A dispensa do deber de declarar das vítimas de violencia de xénero. O artigo 416 na actualidade. Gema Rial Rodríguez, avogada.
- 9 de novembro:
- Implantación dos medios electrónicos de localización. Elisa Campoy López-Perea, avogada.
- Como facer un bo escrito de acusación. Asunción Álvarez Lois, avogada.
- 16 de novembro:
- Guía de boas prácticas da avogacía española. Amparo Echávarri Rodríguez, avogada.
- Normativa vixente en materia de violencia doméstica e de xénero. Gema Rial Rodríguez, avogada.
- 23 de novembro:
- A entrevista á vítima. Amparo Echávarri Rodríguez, avogada.
- Atención ás vítimas de violencia de xénero con discapacidade. Alejandra Domínguez Pereiras, Policía Nacional.
- 28 de novembro:
- Incidencias da orde de protección. Elisa Campoy López-Perea, avogada.
- Suspensión do dereito de visitas. Asunción Álvarez Lois, avogada.
- 30 de novembro: Xurisprudencia actualizada do Tribunal Supremo en violencia de xénero 2020/2023. Acordos de pleno e criterios. Vicente Magro Servet, maxistrado do Tribunal Supremo.
Calendario de clases en liña
Inscrición
Aqueles e aquelas interesados en inscribirse no programa de clases en liña deberán premer AQUÍ e cubrir o formulario.
O rexistro a través do formulario dará dereito ao acceso a todas as clases en liña do programa. Non será preciso repetir a inscrición para cada xornada.