Curso de Ciberseguridade

Curso de Ciberseguridade

MATRÍCULA ABERTA

Desde o punto de vista xurídico, a ciberseguridade consiste no conxunto de normas e principios legais que regulan a protección dos sistemas informáticos e da información que se atopa almacenada neles. Isto inclúe o tratamento e protección de datos persoais, a prevención e persecución de delitos informáticos, a responsabilidade civil en caso de vulneración de sistemas, e outros aspectos relacionados coa seguridade da información no ámbito dixital.

Os retos para a avogacía no ámbito da ciberseguridade son diversos, entre eles:

  • Coñecemento técnico.
  • Actualización constante.
  • Interdisciplinariedade.
  • Marco normativo complexo.
  • Delincuencia dixital.

Polo tanto, o obxectivo deste curso é proporcionar aos avogados e ás avogadas os coñecementos necesarios para comprender os riscos da ciberseguridade e aplicar os mecanismos necesarios para protexer os sistemas informáticos e a información confidencial dos seus clientes.


Características do curso:

  • Coordinación: José María Lozoya Pérez, avogado especializado en Dereito das TIC e protección de datos.
  • Modalidade: en liña.
  • Nº horas: 30.
  • Prezo: 30 €, tanto para colexiados/as exercentes coma non exercentes e alumnos/as do Mestrado de Acceso á Avogacía dos Colexios da Avogacía de Galicia.
  • Lugar de matrícula: https://formacion.avogacia.gal
  • Inscrición aberta e prazo para o remate do curso: 15 de decembro de 2023.

Para máis información:

  • Ver guía.
  • Contactar co Consello no enderezo electrónico redes@avogacia.gal ou no teléfono 981 121 893.

Este curso, impartido polo Consello da Avogacía Galega, parte dunha colaboración coa editorial Wolters Kluwer, que puxo a disposición do Consello o seu servizo de desenvolvemento de contidos formativos especializados.


Acceso á aula virtual
Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies