Publicación no DOG do acordo polo que se crean os ficheiros de datos de carácter persoal do Consello da Avogacía Galega

Publicación no DOG do acordo polo que se crean os ficheiros de datos de carácter persoal do Consello da Avogacía Galega

ACORDO do 12 de decembro de 2016 polo que se crean ficheiros de datos de carácter persoal.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, establece que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio de disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou diario oficial correspondente.

A entrada en vigor do regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, aprobado mediante Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, introduciu, a través dos artigos 53 e 54, algunhas novidades en canto á forma e ao contido da disposición e destacou a necesidade de especificar o sistema de tratamento do ficheiro, que pode ser automatizado, non automatizado ou parcialmente automatizado.

No exercicio das competencias deste consello e co fin de cumprir o establecido no artigo 20 da mencionada lei, así como no artigo 52 do regulamento do seu desenvolvemento, acórdase:

Primeiro. Os ficheiros do Consello da Avogacía Galega serán os contidos nos anexos deste acordo.

Segundo. Créanse os ficheiros incluídos no anexo deste acordo, en cumprimento do artigo 20 da Lei orgánica 15/1999 e do artigo 54.1 do regulamento de desenvolvemento.

Terceiro. Os ficheiros que se recollen no anexo deste acordo rexeranse polas disposicións xerais e instrucións que se detallen para cada un deles e estarán sometidos, en todo caso, ás normas legais e regulamentarias de superior rango que lles sexan de aplicación.

Cuarto. En cumprimento do artigo 55 do regulamento de desenvolvemento da Lei 15/1999, os ficheiros serán notificados para a súa inscrición no Rexistro Xeral de Protección de Datos no prazo de trinta días desde a publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. O presente acordo entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de decembro de 2016

Evaristo Nogueira Pol
Presidente do Consello da Avogacía Galega

ANEXO

Ficheiros de nova creación

Ficheiro: Expedientes

a) Identificación do ficheiro, indicando a súa denominación así como a descrición da súa finalidade e os usos previstos.

a.1) Identificación do ficheiro: Expedientes.

a.2) Finalidade e usos previstos: control, tramitación e resolución de expedientes contra actos, resolucións e acordos dos colexios de avogados de Galicia suxeitos ao dereito administrativo.

b) Orixe dos datos.

b.1) Colectivo: cidadáns que se relacionan co Consello da Avogacía Galega, letrados, persoal dos colexios de avogados e do Consello da Avogacía Galega.

b.2) Procedencia: declaración en soporte papel, magnético ou telemático do propio interesado ou do seu representante legal, de fontes de acceso público, do censo de letrados ou de traballadores.

Procedemento de recollida: mediante escritos presentados polos propios interesados ou polos seus representantes legais, consulta do censo de letrados do Colexio de Avogados.

c) Estrutura básica do ficheiro e sistema de tratamento utilizado na súa organización.

c.1) Estrutura:

Datos identificativos: NIF/DNI, nome e apelidos, enderezo, teléfono, sinatura, número de colexiado, enderezo de correo electrónico.

Datos relativos á comisión de infraccións: infraccións administrativas.

Outras categorías de carácter persoal:

Datos académicos e profesionais (formación, titulacións, experiencia profesional, pertenza a colexios ou asociacións profesionais).

Datos de transaccións (bens e servizos subministrados polo afectado, Bens e servizos recibidos polo afectado).

c.2) Sistema de tratamento: ficheiro parcialmente automatizado.

d) Comunicacións dos datos previstas:

Colexios profesionais.

Órganos xudiciais.

Consello Xeral da Avogacía Española.

Xunta de Galicia.

e) Transferencias internacionais previstas a terceiros países: non se realizan ou non están previstos tratamentos de datos fóra do territorio do Espazo Económico Europeo.

f) Órgano responsable do ficheiro: Consello da Avogacía Galega.

g) Servicios ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición:

Consello da Avogacía Galega:

R/ Federico Tapia nº 11-1º

15005 A Coruña

consello@avogacia.gal

h) Nivel de medidas de seguridade: nivel alto.

Ficheiro: Formación

a) Identificación do ficheiro, indicando a súa denominación, así como a descrición da súa finalidade e usos previstos.

a.1) Identificación do ficheiro: Formación.

a.2) Finalidade e usos previstos: xestión da plataforma formativa do Consello da Avogacía Galega, contacto con formadores e docentes, xestión de congresos, xornadas e cursos de formación, xestión de publicacións do Consello da Avogacía Galega en colaboración con editoriais xurídicas, colexios de avogados e outros profesionais e institucións.

b) Orixe dos datos:

b.1) Colectivo: avogados colexiados exercentes e non exercentes dos colexios de avogados de España, alumnos das escolas de práctica xurídica e colaboradores (docentes, etc.).

b.2) Procedencia:

Datos remitidos polos colexios de avogados e facilitados polos interesados.

Procedemento de recollida: formularios tipo, censo de letrados.

c) Estrutura básica do ficheiro e sistema de tratamento utilizado na súa organización.

c.1) Estrutura:

Datos identificativos: NIF/DNI, nome e apelidos, enderezo, teléfono, correo electrónico.

Outras categorías de carácter persoal: datos de circunstancias sociais (colexiación). Datos académicos e profesionais.

Datos de información comercial. Datos de transaccións comerciais.

c.2) Sistema de tratamento: ficheiro parcialmente automatizado.

d) Comunicacións dos datos previstos:

Xunta de Galicia, colexios de avogados, administracións públicas e educativas. Publicación de titulacións en sede electrónica mediante código de verificación

e) Transferencias internacionais previstas a terceiros países: non se realizan ou non están previstos tratamentos de datos fóra do territorio do Espazo Económico Europeo.

f) Órganos responsables do ficheiro Consello da Avogacía Galega.

g) Servizos ou unidades ante os cales poden exercerse os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición:

Consello da Avogacía Galega

R/ Federico Tapia nº 11-1º

15005 A Coruña

consello@avogacia.gal

h) Nivel de medidas de seguridade: nivel básico.

 

Descargar en PDF

Acceder á publicación no DOG

Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies