- As consecuencias desta folga
son incalculables e danan a una administración de xustiza xa maltreita logo da
folga de 2018 e a pandemia
- O Consello da
Avogacía insta ás partes a negociar dunha maneira urxente e efectiva para
acadar unha solución que termine con este escenario de paralización da Xustiza
A
Coruña, 02 de febreiro de 2023. Ante a folga indefinida iniciada polos Letrados da Administración de
Xustiza de toda España o pasado martes 24 de xaneiro, o Consello da Avogacía
Galega comunica o seguinte:
- O
fracaso das negociacións previas levadas a cabo por ambas as partes avoca á
Administración de Xustiza a un escenario de vulneración do dereito
constitucional de acceso á Xustiza. Esta nova paralización da Administración de Xustiza, servizo público
esencial nun Estado de Dereito, afecta gravemente ao dereito á tutela xudicial
efectiva, e ao exercicio profesional de todos os operadores xurídicos.
- Esta
folga está convocada en todo o territorio nacional, pero é máis grave no caso
de Galicia, pois xa tivemos que sufrir unha folga de funcionarios no ano 2018,
situación sumada á pandemia iniciada en 2020, co que serían máis de 5 anos sen normalidade
xudicial na nosa Comunidade.
- Ao
prexuízo xerado pola suspensión dos xuízos, engádense os que veñen padecer os
profesionais e as persoas que se desprazan aos tribunais inutilmente, ao non
ser informados anticipadamente da suspensión. Neste sentido, o Consello
solicitou ao Presidente do TSXG que inste ao Secretario Coordinador do TSXG
para que se comuniquen coa suficiente antelación as suspensións de xuízos,
vistas e demais actos xudiciais. Deste modo evítanse trastornos engadidos.
- Por estas circunstancias, o Consello da
Avogacía Galega insta ás partes a retomar as negociacións e o diálogo de
maneira urxente desde unha predisposición proclive ao acordo ou, polo menos,
que se acheguen as posturas para que a convocatoria de folga indefinida se
paralice, desde o máximo respecto que merecen os dereitos dos traballadores
e traballadoras.