O Consello da Avogacía Galega asinou un convenio de colaboración co IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo), organismo autónomo adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para asesorar ás persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas que sexan ocupadas ilegalmente, co fin de que saiban como actuar ante esta situación.
Como froito dese convenio, póñense a disposición da cidadanía dúas vías para solicitar o servizo de asesoramento gratuíto:
Este convenio estará vixente desde o 4 de decembro do 2020 ata o 31 de decembro do 2021.
O CAG elaborou unha guía informativa referida aos trámites de carácter administrativo ou xudicial no ámbito relacionado cos dereitos e obrigas das persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas ocupadas ilegalmente.