Cursos pechados

As migracións convertíronse nun proceso demográfico natural que non é alleo a ningunha rexión do planeta ou momento histórico, mais a cifra de persoas migrantes foi crecendo progresivamente no século XXI.

A avogacía galega é consciente de que o seu papel é fundamental na asistencia aos afectados e afectadas polos acontecementos que provocan os movementos migratorios. De aí que sexa necesario ofrecer aos letrados e letradas unha formación de calidade que lles permita desenvolver o seu traballo da forma más eficaz e eficiente posible.

A 4ª edición de este curso foi redactada e coordinada un ano máis por Juan José Vázquez Rodríguez, xefe da Unidade de Asesoramento ás Migracións do Concello da Coruña. O temario foi actualizado segundo a normativa vixente a 31 de marzo do 2022.

Guía do curso

Segundo o artigo 20 da Lei Orgánica 1/2004 do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, os Colexios de Avogados, cando esixan para o exercicio da quenda de oficio cursos de especialización, asegurarán unha formación específica que coadxuve ao exercicio profesional dunha defensa eficaz en materia de violencia de xénero.

Este curso, elaborado a partir dun programa aprobado polo CGAE (Consejo General de la Abogacía Española) e redeseñado pola Comisión de Formación do Consello da Avogacía Galega, responde a esa necesidade formativa.

Foi preparado polo Consello da Avogacía Galega, coa participación de letradas especialistas na materia.

Máis información

Ser un despacho competente é necesario, pero non é suficiente para ter éxito.

Aínda que se conte co mellor equipo ou se preste o mellor servizo: resulta vital, ademais, coñecer e aplicar técnicas de mercadotecnia que nos axuden a facer visible o noso despacho e consolidar a nosa imaxe de marca.

Así, neste curso presentáronse as tendencias e os novos modelos de negocio na avogacía, xunto coas habilidades profesionais necesarias e demandadas, para despois abordar como elaborar estratexias de marketing adaptadas aos despachos no contexto actual.

Ademais, contouse coa mellor e máis reputada especialista en comunicación dos despachos da avogacía: Lidia Zommer.

Guía do curso

A responsabilidade penal das persoas xurídicas non excluirá a das persoas físicas, nin a destas excluirá a responsabilidade penal daquelas. Non cabe a alegación da separación de patrimonios da persoa xurídica por razón de ter personalidade xurídica, cando tal separación é, na realidade, unha ficción que pretende obter un fin fraudulento, como incumprir un contrato, eludir a responsabilidade contractual ou extracontractual, aparentar insolvencia, etc.

De aí a importancia que adquiriron nas organizacións, a raíz do recoñecemento legal da responsabilidade penal das persoas xurídicas, os programas de cumprimento da legalidade (compliance) e a figura do Compliance Officer, pois as empresas e organizacións deberán asumir privadamente unha función preventiva para reducir o risco de incorrer en responsabilidade propia.

Guía do curso

Este curso abordou dunha forma clara e, sobre todo, práctica, a determinación das penas en función dos diversos parámetros que contempla o Código Penal. Mediante a aplicación dunha serie de regras, unhas aritméticas (que permiten saber como se sube ou baixa en grado ou como se calculan as metades) e outras relativas á tentativa, á complicidade, ás eximentes, cando hai agravantes, multirreincidencia… Determinarase a pena que se pode solicitar para o acusado.

A formación foi impartida integramente en liña e supuxo 30 horas lectivas. O prazo para a realización do curso rematou o 15 de setembro do 2020.

Guía do curso

Segundo regula o artigo 30 do Regulamento de Xustiza Gratuíta de Galicia, corresponde ao Consello da Avogacía Galega ofrecer aos avogados e avogadas da Quenda de Oficio unha formación suficiente que garanta a prestación da asistencia xurídica gratuíta consonte a uns estándares de calidade axeitados. En exercicio desas competencias en materia de formación da avogacía, o Consello presentou unha nova edición deste curso, en modalidade en liña, que permitiu ao profesional adquirir os coñecementos necesarios neste eido, e acreditalos para acceder ás listaxes especiais da Quenda de Oficio, cando lle fora esixido.

A formación foi impartida integramente en liña e supuxo 100 horas lectivas. O prazo para a realización do curso rematou o 15 de setembro do 2020.

Guía do curso

Este curso abordou dunha forma clara e sistemática,  pero sobre todo dunha forma completa e rigorosa, as principais cuestións prácticas relativas ao Dereito e as tecnoloxías da información e a comunicación (as chamadas TICs) coas que un xurista pode atoparse no desenvolvemento da súa actividade profesional. Ao finalizar o curso, os profesionais que o superaron acadaron un coñecemento xeral e completo do Dereito internacional, comunitario e nacional sobre as principais cuestións do Dereito e as novas tecnoloxías.

A formación foi impartida integramente en liña e supuxo 100 horas lectivas. O prazo para a realización do curso rematou o 15 de setembro do 2020.

Guía do curso

A chegada da era dixital supuxo cambios na forma na que nos relacionamos.  Este curso pretendeu, a través da análise en profundidade da Lei de Protección de Datos, aportar unha visión global das novas tecnoloxías e, en particular, do cambio radical que supuxeron no ámbito social e na comunicación interpersoal na actualidade.

A formación foi impartida integramente en liña e supuxo 100 horas lectivas. O prazo para a realización do curso rematou o 15 de setembro do 2020.

Guía do curso

O dereito de familia regula as relacións das persoas pertencentes á institución familiar entre si e respecto de terceiros, tanto nos seus aspectos persoais coma patrimoniais.

Tendo en conta a importancia da familia, como unidade básica da sociedade, faise necesario coñecer as ferramentas xurídicas tratadas neste curso que regulan determinados procesos ou situacións que poden suceder dentro do ámbito familiar.

A formación foi impartida integramente en liña e supuxo 150 horas lectivas. O prazo para a realización do curso rematou o 31 de marzo do 2019.

Guía do curso

Neste curso analizáronse todas as cuestións que determinan as actuacións a levar a cabo no procedemento concursal e que desembocan no auto de declaración do concurso, e todo actualizado segundo os cambios introducidos pola última normativa.

A formación foi impartida integramente en liña e supuxo 90 horas lectivas. O prazo para a realización do curso rematou o 15 de outubro do 2018.

José Ignacio Losada Castillo, avogado e administrador concursal, foi o formador responsable de atender as dúbidas dos alumnos.

Guía do curso

Neste curso realizouse un profundo estudo dos órganos sociais que interveñen no tráfico mercantil das sociedades anónimas, xunto co réxime de disolución e liquidación que afecta a este tipo de sociedades, así como as operacións de ampliación e redución de capital.

A formación foi impartida integramente en liña e supuxo 60 horas lectivas. O prazo para a realización do curso rematou o 15 de outubro do 2018.

Sara Menor  Conde, avogada e profesora na área de Dereito Mercantil na Universidade de Vigo, foi a titora desta actividade formativa.

Guía do curso

A presenza da Contabilidade nas Ciencias Xurídicas adquiriu unha gran significación conforme á evolución do mundo dos negocios. Os xuristas precisan comprender a linguaxe contable e ter unhas nocións básicas da técnica rexistral contable, dos estados financeiros das empresas e dos traballos e informes realizados polos auditores de contas.

Este curso foi impartido integramente en liña, sendo de carácter eminentemente práctico e supuxo 90 horas lectivas.

Alberto Picos Brage, avogado-economista con máis de 20 anos na profesión e experiencia en asesoramento fiscal, contable e laboral, foi o titor do curso.

Guía do curso

O 1 de xaneiro do 2016 entrou en vigor o novo sistema de valoración de danos e perdas causados ás persoas en accidentes de circulación. Mediante un sistema de táboas, ademais de ter en conta os danos e perdas físicas e morais, incorpóranse ao cálculo as circunstancias persoais, familiares, laborais ou profesionais das vítimas e danados.

Este curso facilitou, a través de diferentes exercicios, a práctica con este sistema de táboas.  A formación foi impartida integramente en liña e supuxo 60 horas lectivas.

Antonio Miguel Platas Casteleiro, avogado con experiencia docente, foi o formador responsable de atender as dúbidas dos alumnos.

Guía do curso

O modelo Bridge axuda a comprender que cada persoa ten un estilo de comunicación diferente, aínda que todos posuamos uns rasgos comúns. Este modelo ensínanos a identificar a nosa forma de relacionarnos, as súas características e as súas áreas de eficacia e ineficacia. Tamén permítenos descubrir a preferencia relacional dos demais, o que axuda enormemente a comunicarnos, xa que podemos adaptarnos ao outro para que a conversa sexa eficaz.

Este curso presentouse en modalidade presencial, nunha xornada formativa de 4 horas, desenvolvéndose nos Colexios de avogados de Ferrol e Pontevedra. A súa impartición correu a cargo de Alejandra Sánchez Barge, de Bével Consultores SL, especializada no entrenamento de habilidades a través da formación e o coaching.

Guía do curso

oratoriaNos procesos xudiciais regulados no ordenamento xurídico español prevalece o principio de oralidade. Por iso, o coñecemento, aprendizaxe e posta en práctica das normas da oratoria é imprescindible para os profesionais da avogacía.

Este curso presentouse en modalidade semipresencial (B-learning), cunha parte teórica en liña (30 horas) e outra práctica presencial (12 horas):

  • Os contidos teóricos xurdiron dunha colaboración entre Thomson Reuters Aranzadi e o Consello da Avogacía Galega. Estiveron dispoñibles na plataforma formativa do CAG, ao igual que os cuestionarios de autoavaliación e outros materiais adicionais.
  • Os talleres prácticos correron a cargo de Bével Consultores SL, especializados no entrenamento de habilidades a través da formación e o coaching. Tratouse de 3 sesións formativas cun máximo de 20 participantes por sesión, a desenvolver nos diferentes Colexios de avogagos/as galegos.

Guía do curso

ESTRANXEIRIAO Consello da Avogacía Galega, no exercicio das súas competencias, entre as que se atopan “a formación e perfeccionamento profesional” (artigo 5 do seu Estatuto), presentou a segunda edición actualizada do Curso de Dereito de Estranxeiría, que permitiu ao profesional adquirir os coñecementos necesarios neste eido a través dunha formación homologada, e acreditalo para acceder ás listaxes especiais da quenda de oficio, cando lle fora esixido.

Ao igual que na edición anterior, dadas as boas críticas do alumnado, o director científico do curso e autor do material formativo foi Juan José Vázquez Rodríguez, asesor xurídico e xefe da Unidade de Asesoramento ás Migracións do Concello da Coruña. O temario actualizouse con novos epígrafes e as modificacións lexislativas que afectaban á materia.

A formación foi impartida integramente en liña e supuxo 100 horas lectivas.

Guía do curso

reformacpO 1 de xullo do 2015 entrou en vigor a Lei Orgánica 1/2015 da reforma do Código Penal.

O Código, aprobado pola Lei Orgánica 10/1995, foi obxecto dunha profunda revisión e actualización, adaptándose aos novos tempos: introducíronse novas figuras delituosas e adecuáronse os tipos penais existentes para ofrecer unha resposta máis axeitada ás novas formas de delincuencia, ao mesmo tempo que se suprimiron infraccións que, debido á súa escasa gravidade, o lexislador entendeu que non merecían reproche penal.

Todas estas novidades foron analizadas neste curso de 60 horas, impartido integramente en liña.

Esta formación xurdiu dunha colaboración entre o Consello da Avogacía Galega e a editorial Thomson Reuters Aranzadi, que puxo á nosa disposición parte do seu catálogo formativo para chegar ao maior número de colexiados e colexiadas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Guía do curso

xurisdicionEste curso buscou formar aos letrados e letradas nas actualizacións acaecidas pola publicación da Lei 15/2015 da Xurisdición Voluntaria, que desxudicializa determinadas actuacións que antes eran de competencia exclusiva dos xuíces e pasaron a ser competencia dos letrados da Administración de Xustiza, notarios e rexistradores da propiedade.

A formación foi impartida integramente en liña e supuxo 60 horas lectivas.

Esta formación xurdiu dunha colaboración entre o Consello da Avogacía Galega e a editorial Thomson Reuters Aranzadi, que puxo á nosa disposición parte do seu catálogo formativo para chegar ao maior número de colexiados e colexiadas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Guía do curso

violenciaO Consello da Avogacía Galega organizou un curso de violencia sobre a muller, dirixido especialmente aos letrados e letradas que pretendían acceder ou permanecer na listaxe especial de violencia sobre a muller da quenda de oficio.

O curso presentou un programa formativo de 250 horas lectivas, impartidas integramente en liña, e contou con máis de 1200 alumnos e alumnas do Colexios de avogados de Galicia.

O equipo de redacción, de carácter multidisciplinar, estivo formado por persoas que respondían a perfís distintos segundo a planificación, desde os elaboradores ata os revisores de contidos.

Guía do curso

familiar Despois da boa acollida do curso de Mediación impartido entre o 2013 e o 2014, o Consello da Avogacía Galega organizou unha especialización da materia nos ámbitos familiar e, de forma máis sucinta, penal e penitenciario.

O curso impartiuse integramente en liña, desde xullo do 2015 ata marzo do 2016, e supuxo 75 horas lectivas que desenvolveron case 420 profesionais da avogacía galega.

Formadores:

Mediación familiar: Elena Gómez-Segade González e Esther Pérez Marcos, avogadas-mediadoras. María Filomena Garrido Blanco, psicóloga-mediadora.

Introdución á mediación penal e penitenciaria: Cándido Soria, avogado-mediador.

Guía do curso

menores O Dereito penal de menores é unha disciplina que está a acadar un gran desenvolvemento nos últimos anos, debido á preocupación que amosa a sociedade ante o fenónemo da delincuencia xuvenil e as súas novas manifestacións.

Este curso, impartido integramente en liña e cun total de 50 horas lectivas, desenvolveuse desde xullo do 2015 ata marzo do 2016 e contou coa participación de 780 alumnos/as.

Os formadores foron Vicente Bellón Martínez -avogado e director do curso- e Sergio Aramburu Guillán -avogado, Secretario técnico do Consello da Avogacía Galega e colaborador na parte técnico-xurídica-.

 

Guía do curso

estranxeiriaCurso de 100 horas de duración e realizado integramente en liña. A súa superación habilita para pertencer ás listas especiais da Quenda de Oficio dos Colexios galegos nesta materia.

O director do curso foi Juan José Vázquez Rodríguez, asesor da Unidade de Migracións do Concello da Coruña.

A actividade formativa comezou en novembro do 2014 e rematou en maio do 2015. Contou coa participación de máis de 1000 profesionais da avogacía galega.

Guía do curso

Shaking handsEste curso, homologado polo Ministerio de Xustiza, realizouse entre os anos 2013 e 2014 e contou cunha parte teórica en liña, de 67 horas, e unha parte práctica, de 35 horas. En total 102 horas que serviron para acreditar ao titulado como Mediador no rexistro do Ministerio de Xustiza.

A coordinadora do curso foi Rosa Sánchez González-Dans, avogada-mediadora. Os talleres prácticos foron desenvolvidos por numerosos profesionais do eido da mediación, a través da técnica do role playing.

En total, aproximadamente 900 avogados e avogadas galegos recibiron formación a través deste curso. Sobre 600 alumnos acadaron o número de horas mínimo (100 horas) para poder inscribirse no Rexistro de Mediadores e Institucións de Mediación do Ministerio de Xustiza.

Guía do curso

Acceso á aula virtual

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies