PagePage
Hoxe, 10 de marzo do 2021, publicouse no BOE o novo Regulamento de Asistencia Xurídica Gratuíta, que deroga e substitúe o Real decreto 996/2003, do 25 de xullo, que aprobou o Regulamento actualmente vixente.
O Consello de Ministros aprobou onte, martes 2 de marzo do 2020, o novo Estatuto Xeral da Avogacía Española. Entrará en vigo o próximo 1 de xullo e substituirá ao vixente, que data de fai 20 anos.
O Consello da Avogacía Galega asinou un convenio de colaboración co IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo), organismo autónomo adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para asesorar ás persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas que sexan ocupadas ilegalmente, co fin de que saiban como actuar ante esta situación.
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO
Segundo o artigo 20 da Lei Orgánica 1/2004 do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, os Colexios de Avogados, cando esixan para o exercicio da quenda de oficio cursos de especialización, asegurarán unha formación específica que coadxuve ao exercicio profesional dunha defensa eficaz en materia de violencia de xénero.