PagePage

Author Archive admin

Comunicación do CGAE sobre a transición de Lexnet Abogacía cara a plataforma do Ministerio de Xustiza

Achegamos a nota de prensa do CGAE (Consejo General de la Abogacía Española) informando de que o seu Pleno, celebrado o pasado venres 21 de outubro, acordou redefinir a súa estratexia tecnolóxica, que entre outras cousas implica a transición de Lexnet Abogacía cara a plataforma do Ministerio de Xustiza.

Read More

Apertura do ano xudicial

Hoxe 6 de outubro, ás 12.30 h., tivo lugar no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), na Coruña, o acto de apertura do ano xudicial, ao que asistiron os decanos dos 7 Colexios de avogados de Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Vigo).

Tags, Read More

Novos cursos: ampliación do prazo de inscrición

Estranxeiría, Oratoria, Reforma do Código Penal e Xurisdición Voluntaria. Son as materias dos novos cursos que organiza o Consello.

O prazo de matrícula amplíase ata  o 15 de novembro do 2016.

Todos celebraranse integramente en liña, agás o de oratoria, que será semipresencial e contará cunha parte teórica.

Máis información na sección Cursos actuais.

 

 

 

Curso de Xurisdición Voluntaria

Este curso busca formar aos letrados e letradas nas actualizacións acaecidas pola publicación da Lei 15/2015 da Xurisdición Voluntaria, que desxudicializa determinadas actuacións que antes eran de competencia exclusiva dos xuíces e agora son competencia dos letrados da Administración de Xustiza, notarios e rexistradores da propiedade.

Read More

Curso sobre a Reforma do Código Penal

O 1 de xullo do 2015 entrou en vigor a Lei Orgánica 1/2015 da reforma do Código Penal.

O Código, aprobado pola Lei Orgánica 10/1995, é obxecto dunha profunda revisión e actualización, adaptándose aos novos tempos: introdúcense novas figuras delituosas e adecúanse os tipos penais existentes para ofrecer unha resposta máis axeitada ás novas formas de delincuencia, ao mesmo tempo que se suprimen infraccións que, debido á súa escasa gravidade, o lexislador entende que non merecen reproche penal.

Read More

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies