O Consello da Avogacía Galega asinou un convenio de colaboración co IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo), organismo autónomo adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para crear as canles de información necesarias para evitar que persoas en situación de desamparo perdan a súa vivenda habitual ou, no seu caso, poidan acollerse aos programas existentes en materia de acceso á vivenda, así como para posibilitar que as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas que sexan ocupadas ilegalmente saiban como actuar ante esta situación.
O Consello da Avogacía Galega asinou un convenio de colaboración coa Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para o desenvolvemento de accións de atención profesional a persoas menores de idade vítimas de situacións de violencia.
O Consello da Avogacía Galega asinou un convenio de colaboración coa Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o desenvolvemento de accións de formación especializada a profesionais da avogacía sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
O xoves 5 de outubro, das 17 ás 19 horas, o Consello da Avogacía Galega emitirá a través de Zoom a seguinte conferencia en liña, impartida por Vicente Magro Servet, maxistrado do Tribunal Supremo:
«Cuestións de relevancia sobre a nova Lei de Vivenda. Solucións prácticas ante a Lei»
No Pleno celebrado no día de hoxe, Augusto Pérez-Cepeda Vila, avogado e decano do Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña, foi elixido novo presidente do Consello da Avogacía Galega. Substitúe no cargo a Lourdes Carballo Fidalgo, decana do Ilustre Colexio da Avogacía de Vigo.