A Coruña. Luns, 15 de setembro de 2025. Luis Torres Foira, decano do Colexio de Avogados de Ferrol, foi elixido novo presidente do Consello da Avogacía Galega (CAG) no pleno celebrado o pasado venres 12 de setembro na Coruña.
Na mesma sesión, Francisco Rabuñal Mosquera, anterior presidente da corporación e actual decano do Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela, foi designado vicepresidente, mentres que Augusto Pérez-Cepeda Vila, decano do Colexio da Coruña, asumirá o cargo de secretario.
A toma de posesión do novo presidente está prevista para o vindeiro 10 de outubro.
Con máis de corenta anos de traxectoria profesional como avogado, Luis Torres Foira leva preto de oito á fronte da representación dos 560 letrados e letradas adscritos ao Colexio de Ferrol.
Nas súas primeiras palabras tras ser elixido, o presidente electo adiantou cales serán as principais liñas de actuación que marcarán o seu mandato ao fronte do Consello:
1. A xustiza gratuíta e a quenda de oficio.
Subliñou a importancia da asistencia xurídica gratuíta como un compromiso irrenunciable da avogacía galega. Neste sentido, destacou o momento decisivo no que nos atopamos, pois remata a vixencia do baremo de remuneracións dos últimos cinco anos e deberá negociarse o que rexerá durante o próximo quinquenio.
Trátase dun fito trascendental que establecerá as condicións nas que os letrados e letradas da quenda de oficio seguirán prestando este servizo esencial en condicións de dignidade.
2. A unidade da avogacía.
Luís Torres Foira apelou á necesidade de manter a cohesión entre todos os colexios e profesionais, lembrando que as lexítimas e históricas reivindicacións da profesión —unha xustiza gratuíta digna, a independencia profesional e a defensa efectiva do dereito de defensa— son comúns a toda a avogacía, e que “só desde a unidade se poderán acadar logros reais”.
3. A formación e a innovación tecnolóxica.
Así mesmo, incidiu na importancia de “reforzar a formación continua dos profesionais, impulsando a excelencia no exercicio e a adaptación aos novos retos, con especial atención ao uso ético e responsable das tecnoloxías intelixentes que xa están a transformar o sector da avogacía”.
4. Pensións dignas. Luís Torres reclamou unha solución ás xustas reivindicacións dunha pensión digna, recoñecida constitucionalmente e que sexa complementada mediante impostos, como o resto das pensións; cunha pasarela ao RETA para aqueles que desexen realizar esa transición.
Como en todo el territorio del Estado, en el día de ayer, 12 de julio de 2023, se celebró el día de la Justicia Gratuita en la Comunidad Autónoma de Galicia, con total normalidad, si bien se apreció una mayor afluencia de compañeros/las a los actos organizados, como todos los años, por los colegios de la abogacía.
Como en todo o territorio do Estado, o día de onte, 12 de xullo de 2023, celebrouse o día da Xustiza Gratuíta na Comunidade Autónoma de Galicia, con total normalidade, se ben apreciouse unha maior afluencia de compañeiros/as aos actos organizados, como todos os anos, polos colexios da avogacía.
No día de hoxe, 6 de xullo, a Xunta de Galicia e o Consello da Avogacía Galega asinaron os seguintes convenios:
O 11 de maio o Consello da Avogacía Galega asinou un convenio coa Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para o desenvolvemento de accións de atención profesional a persoas menores de idade vítimas de situacións de violencia.