Cinco eixes estratéxicos para traballar por unha Xustiza máis áxil, moderna e eficaz: unha avogacía confiable e preparada, unha avogacía defensora e garante do servizo público da Xustiza, unha avogacía comprometida cos dereitos dos cidadáns, unha avogacía innovadora e tecnoloxicamente avanzada e unha avogacía europea con visión global Leer más
Categoría: Destacadas

Victoria Ortega reclama un Pacto de Estado para crear unha Xustiza “que mereza tal nome»
A nova presidenta do Consejo General de la Abogacía, Victoria Ortega, reclamou durante a toma de posesión do seu cargo un Pacto de Estado pola Xustiza cun obxectivo «claro e posible: configurar, mediante consenso, un modelo de administración de Xustiza que mereza tal nome dentro dun verdadeiro Estado Social e Democrático de Dereito; un Pacto para sacar á Xustiza do Século XIX e levala definitivamente ao século XXI; un Pacto presidido non por criterios de oportunidade política, senón desde o coñecemento da realidade dos nosos xulgados e do traballo de todos os que actuamos na devandita administración, e en ningún caso desde actitudes compracentes que a longo prazo deriven nunha maior e máis profunda insatisfacción do cidadán». Leer más

Asistencia a refuxiados
O Consello Xeral da Avogacía Española ven de por en marcha un Rexistro de avogados especializados en materia de inmigración e asilo que se porá a disposición das autoridades españolas e da UE para abordar a asistencia xurídica de potenciais refuxiados e persoas desprazadas.
O Consello da Avogacía Galega secunda esa iniciativa e artellará as accións na nosa comunidade autónoma.
Esa asistencia prestarase tanto a nivel nacional e local, como nos denominados hotspots (puntos quentes europeos) para colaborar in situ cos avogados e autoridades dos países afectados se así o demandasen.
Os avogados que desexen formar parte deste rexistro deben dirixirse a registro.asilo@abogacia.es.
La Abogacía recuerda que incumplir normas de asilo supone un crimen internacional
Madrid, 1 de septiembre de 2015. Ante la importante crisis migratoria que se está produciendo en Europa, la Abogacía Española recuerda que los Estados que conforman la UE están obligados a dar asistencia a refugiados y a personas desplazadas en cumplimiento del derecho de la Unión, basado en los principios de solidaridad y cooperación administrativa entre los estados miembros.

O ICA de Lugo celebra o seu 175 aniversario
Co gallo da celebración dos 175 anos do Ilustre Colexio de Avogados de Lugo, o diario El Progreso entrevista ao seu decano e vicepresidente do Consello da Avogacía Galega, Félix Mondelo Santos.