Conferencia impartida por Vicente Magro Servet, maxistrado do Tribunal Supremo e doutor en Dereito, e Álvaro Perea González, letrado da Administración de Xustiza, sobre esta Lei publicada no BOE do 3 de xaneiro de 2025 e que modifica as normas procesuais máis importantes do Ordenamento Xurídico Español.
Analízase a reforma da Lei Orgánica de medidas de eficiencia procesual ao servizo público da xustiza no que afecta á Lei de Axuizamento civil e penal co obxectivo de examinar cales son os aspectos máis relevantes que afectan ao procedemento civil e penal e á implantación dos novos tribunais de instancia.
1.- TRIBUNAIS DE INSTANCIA E REFORMA DA LAC
1.- Análise da nova configuración dos Tribunais de Instancia.
2.- A reforma da LAC na Lei de medidas de eficiencia procesual ao servizo da xustiza.
2.- REFORMA PROCESUAL PENAL
1.- A Lei de medidas de eficiencia procesual no que afecta á nova configuración do momento de resolución da proba ilícita no proceso penal. A nova comparecencia previa ao xuízo oral.
2.- O cambio da conformidade no proceso penal.
3.- As modificacións introducidas na LO de medidas de eficiencia procesual ao servizo da xustiza no procedemento penal.
4.- A xustiza restaurativa introducida na LO de medidas de eficiencia procesual ao servizo da xustiza no procedemento penal.
O Consello da Avogacía Galega, en colaboración con Viaqua, Gestión Integral de Aguas de Galicia, SAU e o Ilustre Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela, organiza unhas xornadas que abordarán cuestións de interese e actualidade no ámbito do Dereito Administrativo, afondando en temas como o papel do Consello Consultivo de Galicia na mediación de conflitos coa Administración, as cláusulas sociais e medioambientais na contratación pública, e o impacto da pandemia na xestión das concesións administrativas.
A asistencia presencial será no Colexio da Avogacía de Santiago e está aberta a toda a avogacía galega.
Tamén se facilitará o acceso en liña de forma gratuíta, tanto á avogacía como a calquera outro colectivo interesado na materia.
Xoves, 28 novembro, 18 h. a 20 h.: Prevención de litixios e recursos na Administración Pública: análise e estratexia
Martes, 10 decembro, 18 h. a 20 h.: Desafíos e solucións: equilibrio económico e desindexación
Xoves, 9 xaneiro, 18 h. a 20 h.: Redefinindo o equilibrio entre calidade, sustentabilidade e prezo
O Consello da Avogacía Galega asinou un convenio de colaboración co IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo), organismo autónomo adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para crear as canles de información necesarias para evitar que persoas en situación de desamparo perdan a súa vivenda habitual ou, no seu caso, poidan acollerse aos programas existentes en materia de acceso á vivenda, así como para posibilitar que as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas que sexan ocupadas ilegalmente saiban como actuar ante esta situación.
O Consello da Avogacía Galega asinou un convenio de colaboración coa Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para o desenvolvemento de accións de atención profesional a persoas menores de idade vítimas de situacións de violencia.
O Consello da Avogacía Galega asinou un convenio de colaboración coa Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o desenvolvemento de accións de formación especializada a profesionais da avogacía sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.