Neste curso realízase un profundo estudo dos órganos sociais que interveñen no tráfico mercantil das sociedades anónimas, xunto co réxime de disolución e liquidación que afecta a este tipo de sociedades, así como as operacións de ampliación e redución de capital.
A actividade formativa consta de dez unidades temáticas, que permitirá a autoavaliación dos alumnos e alumnas a través de cuestionarios de corrección automática.
A formación é impartida integramente en liña e supón 60 horas lectivas. O prazo para a realización do curso remata o 30 de setembro do 2018.
Sara Menor Conde, avogada e profesora na área de Dereito Mercantil na Universidade de Vigo, será a formadora responsable de atender as dúbidas dos alumnos.
Esta formación xurde dunha colaboración entre o Consello da Avogacía Galega e a editorial Thomson Reuters Aranzadi, que pon á nosa disposición parte do seu catálogo formativo para chegar ao maior número de colexiados e colexiadas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Inscrición
O prazo de inscrición remata o 30 de abril do 2018. A matrícula realizarase a través da aula virtual, http://avogacia.gal/formacion .
Prezo do curso:
Máis información
O Consello abre a matrícula para dous cursos en liña, dirixidos aos profesionais da avogacía galega:
O 1 de xaneiro do 2016 entrou en vigor o novo sistema de valoración de danos e perdas causados ás persoas en accidentes de circulación.
O obxectivo da revisión da Lei do 95 foi conseguir que as indemnizacións foran máis acordes á situación da vítima. Así, mediante un sistema de táboas, ademais de ter en conta os danos e perdas físicas e morais, incorpóranse ao cálculo as circunstancias persoais, familiares, laborais ou profesionais das vítimas e danados.
ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA AS EDICIÓNS DE FERROL E PONTEVEDRA ATA O 21 DE ABRIL, INCLUÍDO
O Consello da Avogacía Galega organiza unha nova xornada formativa sobre comunicación, a realizar nos Colexios de Avogados de Galicia. Nesta ocasión, tratarase o modelo Bridge, segundo o cal, existen 4 estilos relacionais básicos nos que todos nos podemos enmarcar e que representan formas moi diferentes de comunicarse e relacionarse cos demais.