PagePage

Category Archive Novas

Victoria Ortega reclama un Pacto de Estado para crear unha Xustiza “que mereza tal nome»

A nova presidenta do Consejo General de la Abogacía, Victoria Ortega, reclamou durante a toma de posesión do seu cargo un Pacto de Estado pola Xustiza cun obxectivo «claro e posible: configurar, mediante consenso, un modelo de administración de Xustiza que mereza tal nome dentro dun verdadeiro Estado Social e Democrático de Dereito; un Pacto para sacar á Xustiza do Século XIX e levala definitivamente ao século XXI; un Pacto presidido non por criterios de oportunidade política, senón desde o coñecemento da realidade dos nosos xulgados e do traballo de todos os que actuamos na devandita administración, e en ningún caso desde actitudes compracentes que a longo prazo deriven nunha maior e máis profunda insatisfacción do cidadán».

Read More

Augusto Pérez-Cepeda Vila, decano do Colexio de Avogados da Coruña

 

 

Hoxe foi día de eleccións no Colexio de Avogados da Coruña. Despois dunha xornada cunha asistencia masiva de votantes, Agusto Pérez-Cepeda Vila foi elixido decano. Obtivo un total de 1311 votos, fronte aos 694 de Rafael Arangüena Sande, o outro candidato ao decanato.

Read More

Lourdes Carballo Fidalgo, nova decana do Colexio de Avogados de Vigo

 

 

Case 800 colexiados (780) participaron nas eleccións á Xunta de Goberno no Colexio de Avogados de Vigo, celebradas o venres 19 de novembro. Os candidatos que optaron ao decanato foron Lourdes Carballo, Josefina Barros e Miguel Hinrichs.

Read More

Pilar López-Guerrero, nova decana do Colexio de Avogados de Ourense

 

 

Onte celebráronse as eleccións ao decanato con listas abertas no Colexio Provincial de Avogados de Ourense. Os postos a renovar eran os de decano, vicedecano, secretaría e dous vogais.

Read More

2º Aniversario da funesta Lei de taxas xudiciais

O CONSELLO DA AVOGACÍA GALEGA SOLICITA DE NOVO A DERROGACIÓN INMEDIATA DAS TAXAS XUDICIAIS

Esta Lei consagrou en España unha xustiza para ricos e outra para pobres

Cúmprense dous anos da aprobación Lei 10/2012, de 20 de novembro, pola que se regulan determinadas taxas no ámbito da Administración de Xustiza e do Instituto Nacional de Toxicología e Ciencias Forenses, que entrou en vigor o 1/1/2013 e consagrou en España unha xustiza para ricos e outra para pobres. A tutela xudicial efectiva que recoñece a Constitución no seu artigo 24 resulta claramente vulnerada, algo que nun Estado de Dereito non pode ser tolerado.

Por tal motivo, a Avogacía Galega solicita de novo ao Sr. Ministro de Xustiza a derrogación inmediata desta norma inconstitucional e inxusta.

A sociedade debe reparar no feito de que a vítima deste abuso é a cidadanía, que, malia sufragar o custo da Administración de Xustiza cos seus impostos, cando teña necesidade de valerse dela vaise a atopar un obstáculo económico pensado para disuadirlle e en moitos casos privarlle do acceso á mesma. Así por exemplo, para recorrer unha multa de 200 € estará obrigado a ingresar 100 € de taxas, (igual cantidade á que pode quedar reducida a sanción se se acóllese ao pronto pago) e para formular un recurso de apelación deberá abonar unha taxa por importe mínimo de 800 €.

Para rematar, denunciamos que os perniciosos e irreparables efectos desta norma estanse prolongando no tempo debido ao atraso do Tribunal Constitucional, que, en contra da súa propia doutrina, está demorando de modo inexplicable a resolución dos diversos recursos de inconstitucionalidade que se presentaron (o primeiro deles o 19/2/2013), e das cuestións de constitucionalidade suscitadas por diversos tribunais e xulgados.

En consecuencia, esiximos unha pronta resposta do Tribunal Constitucional que poña fin a esta inaceptable situación.

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies