O Consello da Avogacía Galega, en colaboración con Viaqua, Gestión Integral de Aguas de Galicia, SAU e o Ilustre Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela, organiza unhas xornadas que abordarán cuestións de interese e actualidade no ámbito do Dereito Administrativo, afondando en temas como o papel do Consello Consultivo de Galicia na mediación de conflitos coa Administración, as cláusulas sociais e medioambientais na contratación pública, e o impacto da pandemia na xestión das concesións administrativas.
A asistencia presencial será no Colexio da Avogacía de Santiago e está aberta a toda a avogacía galega.
Tamén se facilitará o acceso en liña de forma gratuíta, tanto á avogacía como a calquera outro colectivo interesado na materia.
Xoves, 28 novembro, 18 h. a 20 h.: Prevención de litixios e recursos na Administración Pública: análise e estratexia
Martes, 10 decembro, 18 h. a 20 h.: Desafíos e solucións: equilibrio económico e desindexación
Xoves, 9 xaneiro, 18 h. a 20 h.: Redefinindo o equilibrio entre calidade, sustentabilidade e prezo
O Consello da Avogacía Galega asinou un convenio de colaboración coa Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para o desenvolvemento de atención profesional a persoas menores de idade vítimas de situacións de violencia, de acoso escolar e de ciberacoso.
O Consello da Avogacía Galega asinou un convenio de colaboración coa Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Política Social e Igualdade para o desenvolvemento de accións de formación especializada a profesionais da avogacía sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
O tamén decano do Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela sucede no cargo a Augusto Pérez-Cepeda, quen rematou o seu mandato anual no CAG tras o proceso electoral do pasado 1 de agosto.
No seu discurso reclamou á Xunta de Galicia que incremente o orzamento para a xustiza gratuíta e lembrou que o CAG non escatimará esforzos para demandar todas as unidades xudiciais que sexan necesarias para garantir unha tutela xudicial efectiva, e para que todos os colexiados poidan gozar dunha pensión digna.
O 12 de xullo é a data sinalada cada ano para a celebración do Día da Xustiza Gratuíta e da Quenda de Oficio. Máis de 40.000 avogados e avogadas da quenda de oficio traballan 24 horas ao día, 365 días ao ano, para defender legalmente centos de miles de cidadáns con recursos económicos limitados. Realizan este labor a través dos Servizos de Asistencia Xurídica Gratuíta e da Quenda de Oficio.
A continuación ofrecemos varios recursos sobre este servizo fundamental para a cidadanía: